CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións
en físico
- E no próximo mes ...
- A
ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA
ASOCIATIVA
No mes de marzo, tiveron protagonismo as actividades realizadas en A Coruña con motivo do Día Mundial da Auga (xornadas e exposicións na Escola de Camiños da Universidade da Coruña co eixo central do Dereito Humano á Auga, con entrevistas na radio incluidas). Tivemos tempo a lembrar o Foro Un Mundo Rural Vivo coa crónica dunha das voluntarias de ESF que asistiu, así como a coñecer unha experiencia de marketing rural nesta
liña (neste caso nunha zona donde ESF Galicia traballou até 2010, o
departamento de Jinotega, Nicaragua). Dentro da parte de voluntariado,
puidemos coñecer ás persoas que en 2015 participarán no Programa de Coñecemento da Realidade, así como o programa da reunión da base social da sede de A Coruña (non vos perdades a próxima!). E, como non podía ser doutro xeito neste importante ano político, fixémonos eco das propostas dende o sector galego da cooperación ao desenvolvemento aos programas dos partidos políticos para as eleccións municipais, e contamos tamén cales foron explícitamente promovidas desde ESF Galicia (aínda que todas elas teñen o noso total apoio, claro!). BLOGUE HONDURAS
Outro mes máis podedes facer
o seguemento do proxecto de auga en Honduras
coa mancomunidade NASMAR e financiado polo Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade. En febreiro realizaronse
capacitacións de software libre, avaliación das accións
levadas a cabo ate o momento e reunións e obradoiros con
outros actores para establecer sinerxias. Un deles foi o
Instituto Hondureño de Ciencias de la Tierra co que se fai
un estudo hidroxeolóxico piloto na comunidade
de La Grecia dentro do marco do proxecto, co obxectivo
de analizar a contaminacion das augas e utilizar en accións
de sensibilizacion. Polo momento xa se executou a primeira
toma de mostras nos pozos seleccionados que se repetirá na
tempada de choivas.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- La recogida de lluvia no basta para que Honduras deje de beber agua contaminada
- Wikiwater
- A remunicipalización da auga, a onda que vén
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- «Sharing lies»: las 5 mentiras de la Sharing Economy
- ¿Qué
es el Comercio Justo? Curtametraxe 7min 05seg
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- Okupar la universidad, airear la ciencia
- Estudos de caso para emprego en materias técnicas como material didáctico (en inglés)
- O mundo que queremos
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- Hallaron la Ciudad Blanca de Dios, buscada desde hace 500 años
- Estudio
sobre Exclusión en el sector agua y saneamiento de
Honduras UNICEF
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Cuando la pobreza energética no es solo una pobreza más
- Los tres mitos del TTIP y nuestras alternativas
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Boletín Nyeleni
- 17
de Abril: Día de las Luchas Campesinas contra las
Transnacionales y los Tratados de Libre Comercio
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- La competencia y las redes inalámbricas podrían asegurar la neutralidad de la red
- Peces y cañas de pescar en el Mobile World Congress
- Si los gobiernos desconectaran internet, ¿podríamos crearla desde cero?
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Violencia sexual, conflictos armados y teléfonos móviles
- Appropedia
(a wiki das tecnoloxías apropiadas)
Voluntariado e Persoas
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Thaumazein. Nº VIII. Extra Moral. Revista da Universidade Cromática das Virtudes (onde un voluntario de ESF colabora cun interesante artigo reflexionando se a revolución pode ser subvencionada).
- Guía para ONGD. O desenvolvemento comeza por un consumo responsable. CGONGD.
E
NO PRÓXIMO MES ...
- Todo o mes: aberta a matrícula no curso online Introducción a los Sistemas de Información Geográfica aplicados a proyectos de desarrollo (con desconto para persoas socias de ESF e apoio na matrícula para voluntariado)
- 1 de abril: Día Mundial da Educación
- 7 de abril: Día
Mundial da Saúde
- 13 de abril: Xornadas
Recuperar soberanía, desarmar o TTIP: Arcadi Oliveres
na Coruña
- 14 e 28 de abril: II
Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía
Global
- 15 de abril: Día do Neno
- 16 Abril ás 12:00 a.m. Relatorio
de Vicenç Navarro en A Coruña A universidade,
¿reproduce ou cuestiona a sabedoría convencional?
- 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña
- 17, 18 e 19 de abril: Xuntanza da base social de ESF Galicia e Asemblea de Persoas Socias
- 22 de abril: Día da Terra
- 24 de abril: pecha o prazo para presentar proxectos fin de carreira ao III Premio ISF de Ingeniería Solidaria
- 24 Abril: relatorio de Boaventura
de Sousa Santos en A Coruña sobre As epistemoloxías do
Sur e a Universidade do futuro
- 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
O problema da agricultura actual é que non é un sistema orientado á produción de comida, senón á produción de cartosBill Mollison
No hay comentarios:
Publicar un comentario