No
encontro presentaremos a ESF e aos nosos proxectos de cooperación
relacionados coa pesca, aproveitando a presencia de Roger como membro da
Organización socia que pode contar de primeira man a situación do
sector artesanal no Golfo de Fonseca en Honduras. Para coñecernos
mutuamente, o CETMAR propúxonos un espazo que consideraron que nos podía
parecer interesante, que é o Centro de Formación A Aixola que teñen en Marín (NOTA: Definición de Aixola), vímolo moi apropiado e alí estaremos o martes.
27 may 2015
VISITA CODDEFAGOLF E ESF AO CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR
O próximo martes día 2 de Xuño, ás 13:00 h,
algunhas persoas do grupo de Desenvolvemento Rural e máis o noso convidado da organización socia de
Honduras CODDEFFAGOLF, Roger Reyes, teremos un encontro con varias
persoas do departamento de Cooperación Internacional do CETMAR
(Centro Tecnológico del Mar). Eles xa colaboraron con nós nunha ocasión,
participando na Xornada de Pesca Sustentable Galicia-Centroamérica que organizaramos o setembro pasado no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario