Se poderán ir consultando na etiqueta "Informe de erros".
O segundo informe da serie fai referencia a distintos procesos na integración de novas persoas voluntarias e da xestión do voluntariado da asociación.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
1.
Acollidas
1.1. Elaboración dun
guión tanto para as acollidas online como para as presenciais
Antecedentes
Cada persoa voluntaria
contaba "o que lle parecía" ás novas persoas interesadas que viñan por primeira vez coñecer ESF
e non había nada sistematizado.
O erro
Segun a persoa a acollida
era diferente, distintos mensaxes, sendo moi dispar se a acollida a
realizaban persoas con
experiencia ou sen ela.
A persoas que realizaban
as acollidas non tiñan nada que as guiara e moitas veces se sentían
perdidas.
Fíxose algo para
palialo? Que implicou para a organización ou o proxecto?
Por un lado estableceuse
un correo de benvida/acollida online para todas as persoas onde xa se
lle proporcionaba
información importante sobre a asociación e que
podía incluso servir de primer filtro (algunhas persoas ao recibir
este
correo, xa deixaban de mostrar interese e xa non se lle facía
acollida online).
Por outro lado
consensuouse no grupo de voluntariado un guión para que a persona
que faga as acollidas presenciais
conten sempre mais ou menos o
mesmo (cada unha co seu estilo pero polo menos ter un guión para non
esquencerse
de nada). O guión está no google drive de
voluntariado.
Como se podería
ter feito? Leccións aprendidas
Ter información común
da certa coherencia na mensaxe da organización, non que dependa das
persoas e tamén que
sexa igual en todas as sedes.
Guía para as persoas
responsables de sede, evita que se sintan perdidas que nas primeiras
acollidas teñan un guión
(ata que o interiorize e o personalize).
Todas as persoas que se
acerquen a ESF van recibir unha información semellante, evitando
discursos diferentes.
Contribuen a crear un
repositorio de documentos para facer transición entre as persoas
responsables de voluntariado
da sede e da vogalía, non estar
"inventando" a roda cada vez que se incorpora unha persoa
nova a voluntariado (evita
desgaste)
.
Protocoliza o
voluntariado (sin ser estrictos e estando abertos a personalización)
pero si dá coherencia.
1.2. Establecemento
dun protocolo de acollida
Antecedentes
Adoitábase quedar coa
persoa interesada (quen tiña dispoñibilidade) e acto seguido se
metía nas listas de correo e nas
reunións de grupo.
O erro
Normalmente non se
quedaba ca persoa interesada previamente e polo tanto salvo que
tivera persoas conocidas
dentro, a persona non conocía a asociación
nin os grupos onde se metía, normalmente sufría un exceso de
información
(metíase nunha reunión onde non sabía nin do que se
falaba, montón de conceptos novos) recibía un montón de
correos
de temas diversos e que si se daba o caso de que non consultaba o
correo habitualmente colapsábaselle a
bandexa de entrada.
Normalmente metíase en todas as listas de correo a vez e non sabía
discernir cales eran do grupo, da sede, da xeral...
Polo tanto a maioría das persoas novas sentíanse desbordadas e
moitas abandoaban a asociación despóis dunha
primeira reunión.
Fíxose algo para
palialo? Que implicou para a organización ou o proxecto?
1º. estableceuse unha
persoa responsable das acollidas: a persoa responsable de
voluntariado será a encargada da
acollida e orientación da PV na
organización
2º Estableceuse un
procedemento/proceso para mellorar a acollida e que esta fose
paulatina:
Primeira reunión:
Reunión formativa para expoñer o funcionamento de ESF, que lle
permitirá á persoa voluntaria (PV) situarse na entidade
e coñecer
a Asociación.
Reunión informativa sobre os grupos de traballo en
ESF, para solicitar e transmitir información sobre os grupos.
Enviaselle correo con esta mesma información para que poida leer e
reflexionar.
Segunda reunión
(opcional):
Pode dárselle a opción de poñerse en contacto
coas/cos responsables de voluntariado dos grupos de traballo ou no
seu
defecto cas persoas coordinadoras dos grupos de traballo para
que poida escoller aquel equipo que máis se axeite ás
prioridades
da PV e ás necesidades da Asociación.
Esta segunda reunión pode
eliminarse se a persoa interesada ten claro onde meterse ou se a
persoa de voluntariado
sabe onde mellor encaixa e pode redirixir.
Ademais pode mandarlle información por correo
Terceira reunión,
reunión co grupo:
Posta ó día, unha vez decidida a
incorporación nun determinado grupo de traballo, realizarase unha
reunión entre a
persoa coordinadora do grupo, ou o responsable de
voluntariado de dito grupo, e as novas PV para proporcionar a
información pertinente sobre o traballo que están desenvolvendo
nese momento antes de asistir á seguinte reunión. A
pretensión
desta reunión é evitar que a nova PV se sinta totalmente perdida na
primeira reunión de grupo.A
incorporación as listas de correo
faise de forma progresiva podendo incluso facerselle un filtrado de
correos mais
interesantes para que vaia meténdose pouco a pouco.
Como se podería
ter feito? Leccións aprendidas
Unha asociación ten as
súas dinámicas de funcionamento que é dificil transmitir nunha
única reunión e se necesita
tempo, asique mellor facer unha
entrada paulatina.
Facendo varias reunións
dáselle tempo para que a persoa vaia asimilando información, lea os
enlaces que se lle pasan
e vaia interiorizando todo. O proceso de
asimilación require tempo!!!! e ademáis vai conocendo
indirectamente como
funcionamos: vai vendo os grupos que hai
(voluntariado, grupos de traballo..), como traballamos (listas de
correo,
reunións presenciais, skypes), vai conocendo a xente
(responsable de voluntariado da sede, do grupo, etc).
En grupos con alto
movemento de correos ou que están nunha fase moi activa, comprobouse
que facelo de forma
progresiva era o mais axeitado para non saturar.
Normalmente a persoa ten que asimilar información do grupo (non
confundir grupo/sede/asociación) e despóis progresivamente ir
entrando na asociación... asi que ir dando de alta en
distintas
listas de forma paulatina é o mais aconsellable.
Estas
reunións/correos tameń funcionan como filtro de xente que en
realidade non está interesada e así non "entorpece"
o
funcionamento dos grupos de traballo.
2.
Presentacións
2.1. Diversificación
formatos presentacións
Antecedentes
Ata fai uns anos facianse
só presentacións no ámbito universitario, sobretodo nas escolas de
enxeñería e basicamnte
centrábanse no inicio de curso.
O erro
Concentrábanse moito
traballo no inicio de curso, só neste período, e con charlas onde
unicamente se falaba de ESF,
quen somos, en que traballamos, como,
etc... como moito algunhas das persoas PCR falaban da súa
experiencia (case
sempre o reclamo era os proxectos no exterior) e
despóis pasábase un folio para recopilar correos de xente
interesada.
Estas presentacións
facíanse unicamente nas escolas de enxeñería porque enténdíamos
que era a xente mais
receptiva (dado o noso nome). Esta situación
acarreaba problemas de visibilidade e limitaba moito o noso público,
estudantes de enxeñería maioritariamente.
Fíxose algo para
palialo? Que implicou para a organización ou o proxecto?
Coa irrupción da sede de
Santiago de Compostela (un campus onde apenas hai titulacións
técnicas) incorporarónse
persoas voluntarias de outras
titulacións/profesións (psicoloxía, empresas, xornalismo, etc).
Veuse o potencial que tiñan
outras facultades e o enriquecedor que
podía ser esta diversidade. Esto implicaba rachar con esteriotipos
facendo moito
fincapé que a enxeñería non é exclusiva das ou dos
enxeñeiras/os.
Empezouse a facer
presentacións noutras facultades en todas as sedes, ou incluso en
sitios fora da universidade
(centros sociais, culturais, bares..)
poñendo títulos mais chamativos, traballando en rede con outras
ONGD, etc. Aínda
así, este tipo de formatos non soía atraer a
moita xente, dándose a circunstancia de que só acudira unha persoa
ou
incluso quedase deserta. Esto era moi frustrante para as persoas
que organizaban estas charlas. Ideáronse outro tipo
de campañas
intentando difundir o voluntariado (faltas ti!), traballando en rede
con outras ONGD o que enriquecía e o
facía menos frustrante. Ainda
así, o formato presentación segúia sin acabar de calar... Dende
fai un tempo trabállase
nunha dobre vía, intentar que todas as
actividades sexan unha presentación de ESF, que ademáis de facer
charlas/xornadas/cursos sobre unha temática en especial, un dos
obxectivos sexa a "captación" de persoas interesadas.
Por outra banda, tamén
se fan actividades específicas de presentación pero cun formato
diferente, como son os
obradoiros, esto permite que a xente de ESF
se motive para organizar e asistir a obradoiros sobre temáticas que
lle
interesen e que estean relacionadas ca TpDH, traballar en rede
con outras asociacións, que o noso nome siga sonando
e ao mesmo
tempo se intente que empece a participar nova xente.
Como se podería
ter feito? Leccións aprendidas
É menos frustrante
organizar cousas onde poidas aprender algo novo que che resulta
interesante e estea en sintonía
cos principios de ESF ainda que non
os traballe directamente (ex: bioconstrucción).
Traballar en rede con
outras organizacións (asociacións, ONGD, expertos en certas
materias) crea sinerxias, creas
redes, fas contactos, abres portas a
outros ámbitos, é moito mais enriquecedor e ao que se debía
tender.
Facer cousas prácticas é
mais atractivo para a xente que ir simplemente a unha charla
As
presentacións típicas consumen moitos recursos (carteis, panfletos,
) en formatos que están moi mortos e non
aportan moito ou case nada
a xente que os organiza (eles xa conocen a asociación)
Empregar reclamos que non
sexan os proxectos internacionais reforza o noso discurso de traballo
aqui.
3.
Seguemento
3.1. Protocolarizar o
seguemento das persoas que se van incorporando a ESF
Antecedentes
En ningún momento había
ninǵun tipo de rexistro que lle permitira saber as persoas
responsables de voluntariado con
quen se contactara, cando, se
finalmente se incorporara a asociación, si se fora, etc...
O erro
Non había ningún tipo
de seguemento das persoas voluntarias asique dependia da "memoria"
da persoa responsable
de voluntariado.
Fíxose algo para
palialo? Que implicou para a organización ou o proxecto?
Fai uns anos abriuse un
googledocs onde se rexistraba todos os contactos que facía non só a
vocal de voluntariado
(online) senon tamén todas as responsables de
sede. Así deixábase constancia dos datos básicos persoais, o tipo
de
contacto e como evolucionaba, si se incoroporaba finalmente ou
non. Tamén servia de recordatorio para insistir pasado
un tempo a
xente que non contestara ou a que pedía un tempo, rexistrar se
fianlmente se incorporaba ao grupo de
traballo e en que listas se
daba de alta para facer a súa incorporación paulatina.
Como se podería
ter feito? Leccións aprendidas
Estes rexistros funcionan
a modo de recordatorios e son moi necesarios para facer un correcto
seguimento e que así
non dependa da memoria da persona resonsable
Permite que todas as
sedes fagan o seguimento aos mesmos criterios e facilita a transición
nestes postos (a persoa que
toma o relevo xa ten o rexistro creado,
xa ve como se fixo, etc)
Facelo de forma
compartida permite tamén que a vogalia coñeza como evolucionan os
contactos que se van
establecendo.
Non se fixo pero se
podería facer algún tipo de estudo de como evolucionou a toma de
contacto das persoas
interesadas (cantas persoas responderon correo
de benvida, cantas van a reunións de acollida, como tomaron
contacto
coa asociación, cantas persoas siguen despois de x meses,
etc.).
4.
Formación: Plan anual de formación e estratexia de formación
4.1. Estabelecemeno
dunha estratexia de formación
Antecedentes
Non existia ningunha
estretexia reflexionada ou consensuada da formacion en ESF.
O erro
Non existia ningunha
estretexia reflexionada ou consensuada da formacion en ESF.
Fíxose algo para
palialo? Que implicou para a organización ou o proxecto?
Paralelamente a
realización do Manual de voluntariado o grupo de voluntaiado fixo
unha diagnose das necesidades de
formación (arbore de problemas),
tipoloxía (formación interna e externa, xeral e específica, etc)
criterios para
financiación (limites anuais e por persoa),
mecanismos de avaliación (enquisa de avaliación, comisión de
formación), etc
., é dicir, fíxose unha estratexia de formación
de ESF en consonancia cos nosos principios e valores.
Como se podería
ter feito? Leccións aprendidas
Reflexión en torno a
formacion que quería e necesitaba ESF
Establecemtno de
criterios para a financiaicón de formación externa e xa unha
partida anual para este concepto
Diferenciación entre
tipololoxía de formación e reparto de responsabilidades
Creación de mecanismo de
control e avaliaicón
4.2. Establecemento
dun Plan Anual de Formación
Antecedentes
Non existía unha
planificación da formación.
O erro
A formación que se facía
non se sabía se respondía as verdadeiras necesidades de toda a
asociación ou simplemente a
certos grupos que tiñan mais
proactividades para solicitar ou organizala, non había criterios
establecidos e
consensuados, non había unha avaliación da
formación. Tampouco se aproveitaban as formacions que se daban
dentro
de certos cursos/xornadas que dependían de EpD e que podía
ser de interese xeral.
Fíxose algo para
palialo? Que implicou para a organización ou o proxecto?
Paralelamente a
realización do Manual de Voluntariado, o grupo de voluntaiado fixo
unha diagnose das necesidades de
formación, tipoloxía, criterios
para o seu establecemento, etc. é dicir, fíxose unha estratexia de
formación de ESF en
consonancia cos nosos principios.
Nesa estratexia
estableceuse que cando os distintos grupos de ESF realizan a
planificación de actividades fixeran a
solicitude da formación
necesaria tamén para o ano. Unha vez recopilada toda a formación
solicitada o grupo de
voluntariado tería que priorizar, presupostar
e calendarizar dita formación, sendo resposabilidade de voluntariado
a
formación xeral sen prexuizo de que o grupo axude a organizar a
formacion específica.
Esto tamén implicaria a
avaliación da formación e o establecemento dun criterios para
financiar formacion externa
(impartida por outras entidades).
Como se podería
ter feito? Leccións aprendidas
Mellor aproveitamento dos
recursos educativos propios e alleos, creación de sinerxias, dar
resposta a obriga por parte
de ESF de formacion das persoas
voluntarias, resposta as verdadeiras necesidades de toda a
asociación,
calendarización facendo un reparto ao longo do ano
adaptado a asociación (aproveitar as xuntanzas, evitar datas
exámenes e formulacións, etc) e avaliacion da formacion (temática,
persoa relatora, loxística, organizacion, etc).
No hay comentarios:
Publicar un comentario