Dende 2008 os fondos a nivel estatal e galego non fixeron máis que
baixar. Unha das medidas máis importantes que se tomaron, foi que a Comisión de Incidencia da Coordinadora Galega de ONGD (da que formamos parte) estivo máis activa que
nunca defendendo a cooperación como política pública da Xunta de
Galicia e dos concellos, e se logrou que non desapareceran os
fondos da Cooperación
Galega (iso si, estamos tocando fondo, con 4 millóns de
euros anuais, que nin sequera da para asegurar convocatorias de
axudas de proxectos internacionais todos os anos). Nos concellos
desapareceron casi totalmente as axudas a cooperación a ONG (so en
Lugo se mantiveron). Moitos concellos seguen aportando ao Fondo
Galego de Cooperación, pero tamén cada vez menos (a ver cos novos gobernos municipais se
se nota un cambio no compromiso dende a cooperación municipalista). No seu día, a propia Comisión impulsou un articuliño falando de casos concretos nos que estes recortes afectaron a programas de ONG, que se pode ver aquí.
No que son os programas internacionais en si (que estamos a desenvolver so en Honduras dende 2011), a crise afectou
sobre todo ao noso programa de auga. Pasamos de traballar en un par de concellos entre
2008 e 2012 (Marcovia e San Francisco de Coray) a traballar nun so en 2012-2013 (Marcovia). Logo queriamos
arrancar o traballo cunha mancomunidade de 7 concellos e tivemos que ir moi
pouco a pouco, empezando o en 2014 cun proxectiño que non podía
durar máis dun ano porque en 2014 non se puideron pedir
proxectos bianuais (e xa dende 2010 eliminaron da Xunta un tipo de
convocatoria especial de programas internacionais, que podían
financiar programas con máis fondos e a 4 anos, dos cais tivemos
un entre 2009 e 2012 e gracias a el e a fondos de AECID logramos
impulsar o noso traballo en Honduras). Isto fai que haxa cada vez
máis que "partir" os programas en fases pequenas, e sempre con medo de que o ano seguinte non haxa fondos asegurados, porque se
presentan moitos proxectos de diversas ONG e sempre quedan
proxectos aprobados pero non financiados por esgotamento
orzamentario, o cal inflúe na calidade dos programas porque non se
poden facer tan integrais traballando varias liñas en paralelo,
todo ten que ser moi pouco a pouco (e se pode poñer en risco o
proceso se non se consiguen impulsar os procesos coa forza
suficiente, e para iso sobre todo ao principio fan falta fondos).
No programa de Agro o feito de que se conseguiran fondos de Unión
Europea foi salvando a cousa. Os recortes impediron que se
acadaran fondos da Axencia Española de Cooperación para o programa
de agro, xa que ou ben quedamos fora por pouquiño nalgunha
convocatoria (como nos pasou en 2015 ou 2013) ou, nalgún ano como 2014, non sacaron axudas para
proxectos en Honduras (como tiñan poucos cartos, non podían sacar
fondos para todos os países prioritarios todos os anos).
O feito é que estamos traballando coa hipótese de que xa como en
2015 si houbo proxectos bianuais (os dous que nos concederon
rematan en novembro de 2016), posiblemente non haxa fondos para
novos proxectos internacionais en 2016, xa veremos o que prioriza
a Xunta (e se dos Concellos aumentan a súa sensibilidade con este
tema e podemos ter algún recurso máis...).
Todo isto tamén fixo que, se ben xa hai varios anos que hai autorización da Asemblea Xeral de ESF Galicia para identificar accións en países de África subsahariana (en 2010 en Guinea Bissau e, descartado este país, a partir de 2013 Mozambique), non se vira viable abrir un novo país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario