Tras preseleccionar varios sectores e indicadores, seleccionáronse finalmente os seis seguintes:
1. Indicador de software libre
2. Indicador de militarización
3. Indicador de uso de internet
4. Indicador de acceso a auga
5. Indicador de enerxía renovable
6. Indicador de acceso a alimentación
sá
Asignándolles por país valores de 1 a 5 segundo a súa idoneidade e integrándoos nun único índice, xeneráronse dous mapas interactivos, empregando a ferramenta libre cartodb (e onde se pode ver en cada país a puntuación en cada indicador situando o rato enriba):
- Un asignando valor cero aos indicadores sen datos (a modo de "penalización")
- Outro designando “sen datos” aos países dos que faltaba algún indicador
Mapa asignando valor 0 aos indicadores sen datos |
Mapa onde aparecen Sen Datos (en gris) os países para os que non hai datos en polo menos un indicador |
Aquí se pode ver e descargar o informe completo, que indica as fontes valoradas e a finalmente seleccionada para cada indicador, así como o tratamento dos datos en cada índice e a construción do índice final nas dúas modalidades. Aquí está dispoñible a folla de cálculo empregada para o tratamento dos datos.
É importante resaltar a
dificultade de atopar datos mundiais de variables consideradas máis
axeitadas para este enfoque de tecnoloxía para o desenvolvemento
humano (só se atoparon datos completos dos 6
indicadores para 36 países), o que amosa o pouco
interese en avaliar a ideoneidade da tecnoloxía empregada como
elemento de emancipación e de desenvolvemento humano (e, en xeral, o pouco interese na posta a disposición pública de datos abertos en eidos clave para .
Consideramos
de gran interés para denuncia e deseño de políticas de promoción
da tecnoloxía para o desenvolvemento humano afondar neste eido. Unha
idea sería crear unha web específica, para dar a posibilidade de
que as persoas poidan propoñer o seu propio índice agregado
(construción colaborativa), e continuar promovendo o levantamento de
datos mundiais públicos e libres (e mesmo rexionais ou
autonómicas en España) nesta liña. Tamén continuar explorando os xa existentes
para integralos ao índice, aproveitando por exemplo a axenda das
negociacións
dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable post-2015 e os Informes
de Desenvolvemento Humano do PNUD. Nesta liña, pode ser interesante
comparar o índice TpDH co IDH,
SPI
e co HPI,
a ver si sae algunha conclusión relevante. Estes índices non
integran nada de cidadanía e empoderamento (soberanía). Por
exemplo, se se abre a billa e sae auga limpa, non se suscitan
preguntas sobre como a veciñanza participa en que iso ocorra; ou si
se ten acceso a pan (ou a 2000 calorías) todos os días, non se
suscita quen o produce e como (e o mesmo coa enerxía, a información
e o resto dos servizos e necesidades básicas moi ligadas coa
tecnoloxía, que pode chegar a converterse nun fin e nun elemento de
“fetichismo” en vez de nun medio para vivirmos mellor en todo o
mundo).
Durante 2015 e 2016, tamén con financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, continuaremos afondando nesta investigación, que apenas está comezando, á que invitamos a sumarse a toda persoa ou grupo de investigación que esté interesado. Por máis e mellores datos na investigación do desenvolvemento humano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario