Tamén houbo (moito) lugar para poñer de manifesto eivas nos mesmos obxectivos, tanto na forma de construilos como na batería de obxectivos e metas definitiva que, previsiblemente, se aprobará nas próximas semanas.
"Momento pregunta" dun dos ESFeiros na sala |
Koldo Unceta. HEGOA
- Os #ODM non serviron para un cambio de modelo de desenvolvemento,os #ODS é previsible que tampouco sirvan.
- Os indicadores dos ODS son imprecisos e houbo moi pouco compromiso político en recursos para levalos a cabo.
- Respecto aos ODM, se amplía a visión dos elementos que propician desenvolvemento sustentable e inclusivo-
- A sociedade perdeu a esperanza no desenvolvemento
- Papel do sector privado lucrativo na Axenda #Post2015: que polo menos "non molesten". Pagar impostos, temas ambientais, laborais...
Francisco Gutiérrez, responsable da área de educación da Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento
- Trátase dunha axenda centrada nas persoas e o aliñamento do estado no proceso da axenda foi unha constante.
- O cumio de Addis Abeba non puido sacar adiante nada relacionado coa fiscalidade internacional
Ignacio Martínez. Plataforma 2015 y Más. Actores descentralizados
- Algunhas solucións pasan pola Economía Social, con gran vínculo local e dos axentes descentralizados
- A voluntariedade da axuda oficial ao desenvolvemento e o concepto de instrumentalización para a internacionalización que veu dándose xa hai tempo (especialmente neste goberno), así como a incoherencia de políticas, non axudarán a que esta nova axenda sirva para acadar un verdadeiro cambio de modelo que poña ás persoas primeiro.
- A axenda non di nada sobre as responsabilidades e dereitos desde o local
- A axenda, dende o local, hai que leela e interpretala para a acción como actores globais que somos
- Hai que poñer en valor o municipalismo solidario: os actores locais como actores globais"
- Papel do goberno español e as súas aportacións totalmente irrelevantes para a construción da axenda post 2015
José Medina. Alianza Española contra a Pobreza. Sector privado e sociedade civil organizada.
- Para os lobbies empresariais a tecnoloxía ten que estar ao servizo de facer sustentable o desenvolvemento e o crecemento
- As solucións baseadas no mercado ignoran os Dereitos Humanos,que non están en clave de rendabilidade
- A desigualdade de poder nas estruturas de escoita (máis posibilidades tiveron as grandes empresas na construción destes ODS) e preponderancia das "persoas eminentes"nas propostas (fixeron a inicial, e eran persoas que viñan máis da "alta política" e as empresas).
- Nuns anos teremos moitas máis políticas de desenvolvemento baseadas no "medo" ao Cambio Climático e menos baseadas nos Dereitos Humanos (a pesar de ser uns dereitos construidos inicialmente cunha perspectiva moito máis occidental). As empresas están mellor posicionadas neste "capitalismo verde". En temas de desenvolvemento, o que vende é o "capitalismo filantrópico" de Shakira y Bill Gates.
- "Existen desigualdades de poder entre los distintos actores de desarrollo y no se interviene para ajustarlo"
- O papel das organizacións civiles nestes tempos é construir imaxinarios que superen os que están detrás da Axenda Post 2015
Nuria Castejón. Secretaría Técnica do Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD
- Mandato á universidade de formar en desenvolvemento sustentable, empezando a nivel interno
- A universidade tamén debe mirar ao seu territorio, pola lexitimidade que ten pode ser ponte para impulsar á axenda na sociedade civil do seu entorno.
- É importante o traballo entre ONGD e universidades para xenerar e xestionar o coñecemento sobre desenvolvemento
----------------------------------------------
Yayo Herrero. Fuhem. Medio ambiente como elemento transversal nos ODS
- O ambiente,elemento transversal na axenda. Todos os países"desenvolvidos"son deficitarios en materia-enerxía
- Hai que darlle a volta ao modelo produtivo e de consumo para poñer a vida no centro.
- Todos os ODS fan unha aposta tecnolóxica e de crecemento económico a partir da propia crise ecolóxica
- Crer no crecemento sustentable só é posible crendo na 1 lei de WaltDisney: basta con creer moito en algo para que sexa verdade
- A tecnoloxía é condición necesaria,pero non suficiente, na transformación do modelo. Coidado co optimismo tecnolóxico
- A crise ecolóxica non é nada diferente da crise social. As causas son as mesmas
Itziar Ruiz-Giménez. Dereitos Humanos como elemento transversal nos ODS
- Os Dereitos Humanos na declaración ODS son retórica, floreiro.Non aparecen nos obxectivos,nin se fala de obrigas
- Non se debe compartimentar #DDHH #CooperaciónAoDesenvolvemento
- Vivimos un proceso de seguritización e militarización: os problemas sociais convértense en problemas de seguridade"
- "Los derechos humanos no están entre los objetivos de la nueva agenda de desarrollo"
Mar Correa. Xénero como elemento transversal nos ODS
- Hai que fuxir do discurso da eficiencia e da #CaixaDeFerramentas.O activismo feminista(e o resto) ten que "atravesar o corpo"
- O #EnfoqueDeXénero é unha ferramenta de acción,non descriptiva.Hai que vixiar isto cando a axenda #post2015 comece
- Xénero integrado no eixo principal.Transversalizar e empoderar.Sen relacións equitativas non se cumplirán #ODS,como #ODM
María Luisa Gil. Economistas Sen Fronteiras. Coherencia de políticas como elemento transversal nos ODS
- O desenvolvemento é moito máis que Axuda Oficial ao Desenvolvemento e políticas de cooperación
- Para ESF, o importante é superar o "enfoque do 0,7%" e dar máis importancia ao "99,3%" restante
- Para a avaliación da coherencia de políticas é moi importante impulsar á transparencia das administracións e os #OpenData, dada a dificultade actual de acadar datos
Pablo M. Osés. Plataforma 2015 y Más
- Claro que a axenda post2015 non ten elementos de ruptura nin cuestionamento do modelo, dado o proceso de contrución (con en realidade moi poucas posibilidades de participación real dende organizacións da sociedade civil que defenden outro modelo posible).
- Os documentos gobernamentais foron irrelevantes construindo #ODS. Os gobernos foron desbordados polas lóxicas transnacionais
Para que haxa masa crítica que quere cambio hai que promover a honestidade. Non queremos crer que a situación sexa "tan mala", pero hai que tratar de non enganarse a nós mesmos. A clave é saber cando e onde hai que ser máis combativos e ter un discurso máis forte, e cando as mensaxes deben ser positivas, non culpabilizadoras, construtivas e que apelen ao pensamento crítico.
Dende ESF GALICIA seguiremos esforzándonos por impulsar á tecnoloxía para o ben común, para a emancipación e pàra vivir unha vida que pague a pena vivir, que é realmente o que debemos entender como "desenvolvemento humano"
No hay comentarios:
Publicar un comentario