Un libro moi recomendable, moi didáctico e sinxelo de
ler, El Mercado y la Globalización (editorial Destino) de José Luis
Sampedro (cunhas impresionantes ilustracións de Sequeiros), foi a
víctima dos meus últimos días de verán.
Chámame a atención o papel que lle
asigna á antigua URSS antes do seu desmoronamento como contención
da globalización capitalista. Isto pode ser certo, pero non estou
nada seguro que o que había fora mellor, máis ben penso que esa
dicotomía bloqueaba unha “tercera vía”, unha economía máis
enfocada ás persoas (non creo que nin unha economía onde o
verdadeiro protagonista é o capital nin unha economía onde o
protagonista sexo o Estado sexa a solución para a desigualdade e a
falta de acceso a uns servizos básicos mínimos por unha cantidade
indecente de persoas).
Por último, aínda que se trata dun
texto de 2002, botei en falta na última parte do libro, onde se
mencionan corrientes alternativas que aportan na busca desta terceira
vía, referencias á loita feminista, que ten un discurso moi
traballado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario