Este ano a Cósmica será en Euskadi do venres 9 de outubro ao luns 12. Hai que confirmar asistencia antes do 20 de setembro, para facilitar a loxística do albergue. ESF pode financiar parcialmente a asistencia. É moi recomendable participar en estes foros, apréndese moitísimo e tamén queda tempo para a "vertebración".
Ademais, os 2 últimos xoves de setembro e os 2 primeiros de outubro, con horario de tarde, terán lugar en A Coruña as Xornadas de Bioconstrución que organizamos xunto coa Asociación ESPIGA. Complementándoas, haberá os venres e sábados desas semanas, un Obradoiro Práctico de Construción con COB, restrinxido a 20 prazas, con preferencia para persoas da base social de ESF, ESPIGA e a UDC. Coas mans na masa!
E, a continuación, o Resumo Blogueiro de agosto 2015!
CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA
ASOCIATIVA
O mes de agosto comeza cunha pequena análise da influencia
da crise nos proxectos de cooperación. Continuamos coa
publicación do informe de erros sobre a planificación. Na seguinte entrada poderás coñecer os
resultados dun proxecto de investigación en cooperación co
Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UdC: é unha ferramenta
para calcular o índice mundial de tecnoloxía para o
desenvolvemento humano. E se aínda estás pensando en como
usar o teu tempo nas próximas semanas, o blogue ofrece as
recomendacións de pelis
e cursos
para setembro! BLOGUE HONDURAS
Trala chegada das PCRs,
o blogue énchese de entradas onde nos contan as súas actividades
de campo, como cociñan
pan coas mulleres da Comunidad
El
Marañonal, unha charla
sobre
voluntariado, a sinatura da carta de entendemento
entre
unha Escola de Agronomía e a Rede de Productores/as
Nacaome - San Lorenzo e a marcha
das
antorchas como expresión das persoas
indignadas. Pero que mellor maneira de coñecer a estas
voluntarias de agro (ou Codefagolfas) e auga (ou Triunfitos)
que vendo os simpáticos capítulos
1 e
2 do aclamado reality “La isla de los PCR” onde amosan
en clave de humor os seus problemas (ou non?) de convivencia e
alimentación. Nos vos perdades as próximas entregas!
Por outra banda,
atoparedes un mes mais o informe
de
seguemento do proxecto de auga financiado polo Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade coas actividades
realizadas no pasado mes de xulho. E un artigo onde se
explica a
situación dos transxénicos en Honduras.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- O goberno de Ferrol estuda levar aos tribunais a "estafa" da depuradora
- Cuando
los trapos sucios no se lavaban en casa (I)
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Documental. Area
nos ollos. A loita por Baldaio 30 anos despois. 22
min. Movilización social veciñal na defensa do seu espazo.
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- 20 consejos para que los políticos sepan interpretar la ciencia
- Planteamiento Práctico del uso de la Etnoveterinaria en el Marco de una Medicina Global
- El
Gobierno destina por la puerta de atrás a Defensa un 37%
más de lo aprobado en los presupuestos desde 2012
Mundo
- Manual Comunitario: lo que debemos saber sobre el proyecto del canal interoceánico en Nicaragua
- Cinco
casos de top manta que no nos indignan tanto
Políticas e modelos de desenvolvemento
- El mundo tiene 17 objetivos para 2030. ¿Cuál es el tuyo?
- Cuando la no-proliferación funciona
- TTIP:
¿desigualdad disfrazada de libre comercio?
Sensibilización
- La humanidad consume los recursos de casi dos planetas como la Tierra
- Los hombres, la igualdad y las nuevas masculinidades. Emakunde instituto vasco de la mujer.
- Buques
portacontenedores: los gigantes contaminadores silenciosos
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- A criminalización das sementes campesiñas. Resistencias e loitas
- Leite e terra
- Terra,
xente e ideas para un agro con futuro
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Cementerios nucleares for dummies: El caso del ATC de Villar de Cañas
- Un videojuego reclama la reapropiación de los espacios públicos
- Los
drones y sus aplicaciones a la ingenieria civil
Voluntariado e Persoas
- We need YOU to help close the IT gender gap
- Pasando a
la práctica la radicalidad crítica de los movimientos
sociales
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Thaumazein
nº 8. Revista editada pola Universidade Cromática
das Virtudes. Neste número hai un artigo dun esfeiro
que nos fala de que "A revolución non será subvencionada".
E
NO PRÓXIMO MES ...
- 8 de setembro: Día do Cooperante
- 8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización
- 11 de setembro: X
- 14 de setembro: data límite para recibir propostas de experiencias a expoñer nas Xornadas de difusión de experiencias de uso do software libre no terceiro sector do 20 de outubro organizados por AMTEGA.
- 15 de setembro: Día Internacional da Democracia
- 17 de setembro: 1ª sesión das Xornadas de
Bioconstrución da Asociacion ESPIGA
e ESF Galicia en A Coruña (programa completo).
- 18 de setembro: 1º sesión do Obradoiro Práctico de Construción con COB (programa completo). Asociacion ESPIGA
e ESF Galicia. INSCRICIÓN ATÉ O 16 DE SETEMBRO
- 19 de setembro: 2ª sesión do Obradoiro Práctico de Construción con COB (programa completo). Asociacion ESPIGA e ESF Galicia
- 19 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Liberdade de Software
- 20 de setembro: data límite para confirmar asistencia á Cósmica de Euskadi
- 21 de setembro: Día Internacional da Paz
- 22 de setembro: Día global antifracking
- 22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles
- 24 de setembro: 2ª sesión das Xornadas de Bioconstrución da Asociacion ESPIGA e ESF Galicia en A Coruña (programa completo)
- 25 de setembro: 3ª sesión do Obradoiro Práctico de Construción con COB (programa completo). Asociacion ESPIGA e ESF Galicia
- 26 de setembro: 4ª sesión do Obradoiro Práctico de Construción con COB (programa completo). Asociacion ESPIGA e ESF Galicia
- 27 de setembro: pecha o prazo para matricularse nos cursos
online da Federación ISF que comezan 1 de
outubro: auga, enerxía en zonas rurais, xestión proxectos de
cooperación e sistemas de información xeográfica na
cooperación ao desenvolvemento. Descontos para persoas socias e voluntarias de ESF!!
- 28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
Debemos, pois, parece evidente, cuestionar sempre aos que nos contan historias e aceptalas cando estén ben e rexeitalas cando non.Platón de Atenas
No hay comentarios:
Publicar un comentario