2 sept 2015

Traballo en equipo: cando, como e con quen?

A continuación un debate sobre unha ferramenta moi ben valorada en ESF: o traballo en equipo. Continúa aportando nos comentarios!

------------------------------------------------------------------------------------------


Participante 1

Dende ESF defendemos o traballo en equipo, pero que vos parece este artigo (*)? sobretodo cando aqui pecamos de "buenismo", creedes que algunha vez nos pasou esto?


--------------------------------------------------------------------------------------
Participante 2
A min paréceme moi correcto o de que non é "todo" traballar en equipo. O mellor para a creatividade é ir alternando, sen dúbida (e as fases de introspección parécenme claves). Pero non estou nada de acordo coa análise que fai da problemática de  traballo en grupo de que se dilúe a responsabilidade, o do silencio, etc. Creo que quen escribiu isto non acaba de entender o que é traballo en equipo (e que un equipo o forman persoas).
---------------------------------------------------------------------------------------
Participante 3
Eu teño bastante claro que hai que buscar esa combinación entre o traballo individual e o colectivo. Calquera de nós que teñamos dinamizado algunha cousa para fomentar a creación de ideas sabe que non se pode chegar ante un grupo de xente e dicirlle: "ala! A crear! Que fluya la magia". Iso non funciona así. Nótase un montón cando as persoas xa teñen traballados os temas de xeito individual o positivo que é o grupo para darlle forma e sumar, sumar e sumar (creo que temos experiencias recientes en ESF de quedarnos todas ollipláticas co nivel de creatividade traballando sobre os nosos temas).

Agora ben, o artigo describe un ambiente de grupo moi nocivo que non fomenta que se poida dar ese beneficio do traballo colaborativo. Concordo totalmente con Participante 2. O problema aí non é o traballo en grupo, é o grupo. Nun grupo que non é horizontal, onde non se pode expresar con liberdade, onde os acordos se entenden como renuncias creativas porque en xeral non se quere arriscar, onde hai timidez e medo... O que falla aí é o grupo. Por iso concordo co artigo sobre a crítica á "moda" do traballo en equipo porque penso que se terá que fomentar en espazos onde iso teña sentido (espazos de liberdade). Pero non concordo en absoluto coa súa conclusión; porque eu non renunicaría ao traballo en equipo, o que penso que hai que traballar nese caso é o propio equipo.
-----------------------------------------------------------------------------------------
Participante 4
Boas, só uns apuntes sobre o que comentan Participante 3 e 4:
  • penso que na práctica nos brainstormings nunca se parte de cero, xa que os participantes teñen (temos) experiencias previas ou paralelas tanto no tema en cuestión coma noutros dos que se poden extraer e relacionar as ideas. Desta forma enriquécese o debate xa que se introducen experiencias que cada un poida aportar, sempre é cando o ambiente non sexa nocivo, como sinalabades.
  • Dito o anterior, tamén é certo que ás veces é necesario rachar coas experiencias previas, no chamado pensamento lateral. Aquí tamén é importante o equipo. Pode que ti non teñas certa experiencia, pero si outro membro do equipo. 
  • As ideas están sobrevaloradas. É isto xa é opinión miña. Se fala moito de ideas, pero pouco de como levalas á práctica. É neste punto cando o equipo vólvese indispensable

Por último, creo que as últimas liñas do artigo,

"Pero, sea como sea, deberemos, en última instancia, decidir nosotros. De lo contrario, es posible que acabemos convirtiendo ese precioso galgo en un dromedario que no satisfaga a nadie." 

son un claro indicador de en que terreo se enmarca o artigo. Trátase, na miña opinión, desta tendencias dos últimos anos de facer ver ás persoas a falsa ilusión de que todo o poden, case como se de deuses se tratase. Refírome a algunhas manifestacións do coaching, PNL (https://es.wikipedia.org/wiki/Programaci%C3%B3n_neuroling%C3%BC%C3%ADstica), "felicidade no traballo" e demáis pseudociencias.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Participante 1
Pois eu coincido en parte co artigo  pero  non en que o traballo en equipo está sobrevalorado senon en que, tal e xa como dixo Participante 3, non se sabe traballar en equipo, non hai formación previa! se utiliza esta ferramenta, por que si, porque mola, porque si somos participativos temos que traballar en equipo si ou si, e o que molan son as empresas/asociacións (curros remunerados ou non) que sean así, se eres "guai", "moderno/a" curras así e punto... 
Pero esta metodoloxía como calquera outra necesita que a persona sepa traballar en grupo e aínda que hai persoas que teñen unha personalidade que as propicia a traballar mellor así, tamén se aprende! e debemos ser conscientes desto, fun-da-men-tal. O primeiro paso é  pasar da inconsciencia incompetente a consciencia incompetente para finalmente ser conscientes competentes.
Traballar en equipo/grupo (non imos entrar a analizar as diferencias) require que a persoa traballe de maneira individual certas habilidades pero igualmente que se instaure na cultura da organización. E así se favoreza unha cultura e aprendizaxe cando se integra a persoas novas ou incluso empezen a traballar persoas que nunca antes o fixeron xuntas (consciencia incompetente). Só si se crea o clima axeitado se pode traballar en equipo ou polo menos sacarlle o máximo partido (as ventaxas, sinerxias son tantas!!). 
--------------------------------------------------------------------------------------------------
Participante 5
Baixo a miña experiencia, o traballo en equipo é unha maneira de traballar moi agradecida, pero cando as persoas teñen intereses contrapostos, ainda que teñan un problema común, esta maneira de traballar, ás veces vólvese nunha negociación e non nuha búsqueda creativa de solucións consensuadas. 

No hay comentarios: