11 abr 2016

Breve diálogo sobre os Dereitos Humanos









Un diálogo de fai tempo entre unha profesora de filosofía de bacharelato e eu mesmo.



"...

Faría unha demostración lóxica, partindo das seguintes premisas
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-Para que exista vida, é necesaria Auga.
-A Vida é un Dereito Humano, o mais institucionalizado, conforme a enquisas que se poden propoñer a posteriori.


-Ergo, A auga é un Dereito Humano.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Estamos traballando nesta demostración. Pidoche ideas sobre como formulala. Podería pensarse que non é necesaria, eu creo que sí.

Quero demostrar de forma, cuasi-matématica, que o acceso á Auga é un Dereito Humano, ainda que sexa dentro do sintema de normas. Durante esta reflexión, xurdíronme dudas, que se cadra non están resoltas dentro da teoría filosófica, de feito, penso que non están. Por isto, espero a túa resposta. Sería moi interesante a túa opinión, pero tamén as opinión de rapaces que non están tan contaminados pola "historia"

A mesma pregunta formulada de dous xeitos diferentes:

 -O Dereito Humano, é un Dereito natural ou son Convenios?

-Os Dereitos Humanos, descubrimolos ou inventámolos?


Non teño respostas para estas preguntas. E seguramente que ti tampouco.  Por iso penso que será moi interesante, se o grupo no que se propoña é bon.
...
"...
Eu creo que o problema dos Dereitos humanos non é que a xente sexa tonta e non poda estar dacordo en que moitos deles estén baseados en "necesidades básicas" como a auga, a vivenda...(aínda que o mesmo concepto de "necesidade básica" poda ser culturalmente discutible...auga ou cervexa?...cova ou piso?..). O problema é que, incluso salvando as diferenzas culturais,  a xente pode ser escéptica respecto a que se cumpran os DH, respecto ós intereses de outros individuos ou colectivos, sobre todo dos poderosos...
É dicir se houbese o acceso igual ou suficiente a auga non faría falta un dereito a ela...


Por outra banda eu creo que a argumentación lóxica é absurda nestes terreos xa que non se pode pasar do que É (necesidade da auga para vivir) ó que DEBE SER (dereito á auga). Iso sería "falacia naturalista" como sinalou o filósofo Hume

A lóxica e as mates parécenme válidas para outras cousas...Penso que incluso cando a física aplica as matemáticas ó mundo físico se terxiversa a percepción da xente, a percepción sensorial. Por exemplo: "A materia se conserva" non é un postulado "real" para a xente...é un postulado matemático que se aplica ó mundo físico para que saian os cálculos...o que a xente ve é que a materia aumenta, disminúe, desparece...

Mellor que o argumento que tí propós sería:


Se a vida humana é valiosa é necesario un dereito á vida e, entón, poderíamos dicir que Se a auga é valiosa para a vida humana é necesario un dereito á auga... Pero fíxate que o que estou expresando son sempre frases condicionais e nelas estou establecendo valoracións (digo que a vida é valiosa ou que a auga é valiosa...).


Sempre pode haber quen non considere valiosa a vida ou a auga..ou quen as queira declarar non valiosas...Nen sequera a vida é unha cousa definida...que vida defendemos?..As necesidades básicas tamén sempre poden definirse doutra forma etc....
Non hai que caer no "dereito natural" medieval según o cal non podería haber o aborto...ou non podería un suicidarse...Ese dereito se basea en considerar que algunhas cousas son sagradas por que pertencen a Deus.
...
"

No hay comentarios: