Por iso, vimos contando cales son esas propostas (e algunha a maiores, mesmo algúns indicadores concretos de cumprimento) dentro da coherencia de políticas nos eidos de traballo de ESF Galicia (que é onde máis puidemos aportar):
- Promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria). Esta a desenvolvimos aquí.
- Pobreza enerxética e novo modelo enerxético. Esta a desenvolvimos aquí.
- Garantir o Dereito Humano á auga. A desenvolvimos aquí.
- Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos). A desenvolvimos aquí.
- Educar para a cidadanía global, que é a que toca hoxe.
Educar para a cidadanía global
A Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EpDCG) busca unha sociedade civil activa, crítica, competente e preocupada polos temas colectivos, que reclama o seu protagonismo e fai presión aos gobernos para lograr o benestar de todas as persoas.
Trátase, por tanto, dunha estratexia imprescindible na cooperación ao desenvolvemento que ten catro dimensións de traballo claves: a sensibilización, a formación, a investigación e a mobilización social.
Para impulsar a EpDCG como estratexia para a construción dunha sociedade comprometida, crítica e solidaria en Galicia, é preciso:
- Garantir un compromiso orzamentario para a EpDCG dun mínimo do 10 % do total da Axuda Oficial ao Desenvolvemento da Xunta de Galicia. Estes fondos deben contribuír a poñer en marcha iniciativas plurianuais no eido da sensibilización e a mobilización social, a formación e a investigación para o desenvolvemento.
- Incorporar progresivamente nos currículos das distintas etapas educativas e formacións oficiais a EpDCG, a educación en dereitos e a educación para a paz como materias específicas e transversais.
- Comprometer unha dotación orzamentaria que permita executar de forma eficiente a Estratexia de Educación para o Desenvolvemento da Xunta de Galicia que actualmente está en proceso de aprobación. Sen un orzamento realista, a estratexia pode quedar reducida a un posicionamento de boas intencións.
- No ámbito da educación superior unha nova Lei de Universidades debe así mesmo contemplar a función de formación de cidadanía crítica e solidaria como razón de ser. Do mesmo xeito os Consellos Sociais das universidades deben garantir a participación de organizacións da sociedade civil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario