No que ten que ver con fenda dixital, software libre e datos abertos, as propostas de ESF Galicia foran estas.
Nos programas, só o PSdG e En Marea fan referencia á priorización do software libre na Administración Autonómica.
Todos os partidos menos Ciudadanos falan de reducir a fenda dixital, pero só En Marea se refire ao Dereito á Internete. Ciudadanos fai referencia explícita a evitar cortes das telecomunicacións nalgúns casos.
Todos os partidos excepto o PP e Ciudadanos fan referencia ao acceso libre á información pública (mesmo, nalgún caso como En Marea, á cultura, pero sen concretar medidas). En Marea e BNG tamén falan de coñecemento non monopolizado, sen patentes (En Marea ademais menciona a promoción de licenzas Creative Commons).
Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e
servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario