22 sept 2016

Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S: consumo responsable e soberanía alimentaria

No que ten que ver con promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria), as propostas de ESF Galicia foran estas.

Nos programas, só o BNG menciona a soberanía alimentaria como parte das relacións internacionais, se ben tanto BNG como En Marea falan de claúsulas soicais, de comercio xusto, xénero e promoción de economía social nas licitacións públicas (Ciudadanos inclúe algunha de tipo social).

A pescar artesanal ten presencia en todos os programas, pero só o BNG concreta algunha medida de tipo exención de impostos, a maiores de distintos etiquetados que propoñen a maioría de partidos. Nesa liña de etiquetados, a promoción de selos de calidade “de Galicia” en distintos produtos (tamén artesanía) é unha constante e, sobre todo en PsdG e PP, moi enfocada á creación de valor engadido cara á venta ao exterior.

En Marea fala específicamente de comercio e produtos de proximidade (mesmo incluindoo como requisito nos comedores dependentes da Xunta), se ben todos falan da promoción de pequeno e mediano comercio, mesmo de autoconsumo, pero en xeral con pouca concreción.

Todos falan tamén sobre cooperativismo, pero tamén con non demasiada concreción. O PP aposta máis polo modelo de explotacións cada vez máis grandes para aumentar rendabilidade e competitibidade, con axudas para as explotacións de cara a este obxectivo, e en xeral con medidas promovendo internacionalización. BNG e En Marea apostan algo máis polo desenvolvemento endóxeno.

Por último, resaltar que só BNG e En Marea rexeitan explicitamente o TTIP.


Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.

No hay comentarios: