22 sept 2016

Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S: Garantir o Dereito Humano á Auga

No que ten que ver con garantir o Dereito Humano á Auga, as propostas de ESF Galicia foran estas.

Nos programas, chama a atención que ningún partido dos analizados fai referencia explícita ao dereito á auga, e moito menos a incluilo na Lei de Augas (que si se propoñen modificar partidos como o BNG para incluir mellor os principios da Directiva Marco da UE, aínda que sen concretar moito cales).

Ciudadanos fai referencia explícita a medidas para loitar contra os cortes de auga, se ben no resto dos partidos pode que se integren nas medidas sociais referentes a vivenda digna (pero bótase de menos concretar os elementos que configurarían esa vivenda digna).

Unicamente o BNG fala de certa participación social neste eido e só En Marea menciona temas como a Nova Cultura da Auga ou a promoción da auga da billa e non embotellada na Administración Autonómica.

De saneamento, fanse referencias non concretas a sistemas descentralizados ou saneamento rural, e todos menos o PP falan do saneamento integral das rías. PP e sobre todo PSOE falan moito de infraestruturas (o “hardware” segue mandando...).


Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.

No hay comentarios: