Chamounos a atención que nin o PP nin Ciudadanos fixeron unha versión do programa en pdf descargable que facilitara a lectura fora da internete (en dispositivos de tinta electrónica ou mesmo poder imprimir). Tamén complica o seguemento, xa que o programa pode ser eliminado facilmente en canto remate a campaña, imposibilitando o seu seguemento. Pero non vos preocupedes, tomámonos a molestia de pegar todo o contido en arquivos para que non “queden no olvido” (así que se pinchaches nos enlaces de arriba e non atopástedes algún deles, avisádenos que os temos en formato pdf). Sinalar que Ciudadanos foi o único partido que non tiña o programa escrito en galego.
A continuación podes ver o cadro resumo por temas sobre os que fixemos propostas coas cariñas que tanto nos gustan. Abaixo podedes acceder a análise de cada tema, que non pretende servir máis que para animarvos a ler vós mesmos os programas (sabemos que é difícil, parece que xa os fan tostón adrede :D).
Nos enlaces seguintes podes ver unha pequena análise de cada temática, con enlace tamén as propostas que se fixeran chegar dende ESF aos distintos partidos (tanto a través da Coordinadora Galega de ONGD dentro do "documento longo" de propostas aos representantes dos mesmos, como directamente dende ESF aos partidos vía twitter):
- Pobreza enerxética e novo modelo enerxético
- Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos)
- Promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria)
- Garantir o Dereito Humano á Auga
- Educar para a cidadanía global
No hay comentarios:
Publicar un comentario