Con motivo da campaña “Auga de todas, un dereito non unha mercadoría”, convócase o I Certame de Fotografía de Enxeñería Sen Fronteiras (ESF).
Enxeñería Sen Fronteiras convídate a compartir a túa mellor fotografía de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH), dereito á auga e xestión de recursos hídricos. A motivación central do concepto TpDH é que a tecnoloxía xoga un papel fundamental nas nosas vidas e no desenvolvemento e vertebración da sociedade, por este motivo debémonos preocupar de que as tecnoloxías que desenvolvamos sexan un medio para promover un mundo máis equitativo, xusto e solidario.
O xurado distinguirá a un gañador cuxo premio será un lector de libros electrónicos e, a maiores, contido incluído no mesmo relacionado con TpDH ou temáticas de traballo de Enxeñería Sen Fronteiras, unha beca para realizar un dos cursos en liña que organiza a Federación de Ingeniería Sin Fronteras e un diploma acreditativo. O premio está valorado en 350 €.
A data de admisión de fotografías será desde a publicación das bases até o 9 de decembro de 2016 (ampliamos o prazo).
As bases completas pódense consultar aquí ou leelas a continuación:
Características
xerais
Enxeñería
Sen Fronteiras convídate a compartir a túa mellor fotografía de
Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH), dereito á auga e
xestión de recursos hídricos. A motivación central do concepto
TpDH é que a tecnoloxía xoga un papel fundamental nas nosas vidas e
no desenvolvemento e vertebración da sociedade, por este motivo
debémonos preocupar de que as tecnoloxías que desenvolvamos sexan
un medio para promover un mundo máis equitativo, xusto e solidario.
O
xurado distinguirá a un gañador cuxo premio será un lector de
libros electrónicos e, a maiores, contido incluído no mesmo
relacionado con TpDH ou temáticas de traballo de Enxeñería Sen
Fronteiras, unha beca para realizar un dos cursos en liña que
organiza a Federación de Ingeniería Sin Fronteras e un diploma
acreditativo. O premio está valorado en 350 €.
O
xurado poderá así mesmo outorgar os accésits ou mencións
especiais que considere oportunas e polas que se entregará un
diploma acreditativo.
Este
concurso pretende ser un espazo onde os/as participantes poidan
expoñer as súas mellores fotografías e ver premiado o seu esforzo
e creatividade.
Todas
as fotografías válidas quedarán expostas en facebook, twitter ou
outras redes sociais, podendo
ser usadas en campañas de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
mencionando a autoría, que manterá a persoa en todo momento.
Principais
características do concurso:
-
Os temas do concurso ao que se deben axustar as fotografías presentadas son Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH), dereito á auga e xestión de recursos hídricos.
-
As fotografías serán enviadas á dirección de correo epd.corunha@isf.es
-
O premio será un libro electrónico e incluirase ademáis nel contido relacionado con TpDH ou temáticas de traballo de Enxeñería Sen Fronteiras e a unha beca para realizar un dos cursos en liña que organiza a Federación de Ingeniería Sin Fronteras. O premio está valorado en 350€.
-
As fotografías poden ser tanto en branco e negro coma a cor.
-
Todas as fotografías válidas quedarán expostas en facebook, twitter ou outras redes sociais, podendo ser usadas en campañas de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
-
As fotografías poderán ser comentadas en redes sociais.
-
O xurado estará formado por persoas en representación de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Participantes
Cada
persoa poderá participar con un máximo de TRES FOTOGRAFÍAS. No
caso de que a organización descarte algunha das fotografías
presentadas a participante SI PODERÁ propoñer unha nova fotografía
no mesmo concurso.
As
fotografías serán enviadas á dirección de correo
epd.corunha@isf.es co asunto
CONCURSO FOTOGRAFÍA no correo constarán dous arquivos adxuntos o
primeiro será a fotografía que se presente ao concurso e o segundo
un arquivo de texto onde conste o nome e apelidos do autor e autora,
data e lugar de nacemento, correo electrónico e teléfono de
contacto; os arquivos serán nomeados FOTOGRAFÍA “Título da
fotografía” e DATOS “Título da fotografía”. Fotografías
diferentes serán enviadas en correos electrónicos diferentes.
Enxeñería
Sen Fronteiras resérvase o dereito de expulsar do concurso a aqueles
usuarios que participen nel con máis de tres fotografías usando
ALIAS diferentes.
Características
das fotografías
-
Aceptaranse unicamente imaxes en formato PNG ou JPEG.
-
A dimensión mínima do lado menor da foto presentada será de 1200 píxeles.
-
A foto pode axustarse a estas medidas mínimas ou superalas.
-
Permítese o retoque dixital, sempre e cando este non altere a esencia da imaxe por medio da súa manipulación.
-
As fotografías deben axustarse á temática proposta pola organización do concurso e deberán ser tituladas e levar unha pequena descrición que as vincule ca temática proposta.
-
Non se aceptarán fotografías que conteñan marcas de auga ou outro tipo de indicacións sobreimpresas.
-
Non se aceptarán fotografías con marco de ningún tipo.
-
Non se aceptarán fotografías con decoloracións selectivas.
-
Non se aceptarán fotografías que atenten contra a dignidade das persoas nin as manifestamente desagradables ou ofensivas.
-
Enxeñería Sen Fronteiras resérvase o dereito de descartar as fotografías que incumplan estas premisas.
Calendario
Envío
de fotografías:
-
A data de admisión de fotografías será desde a publicación das bases até o 30 de novembro de 2016 ás 23:59:59.
-
O fallo do xurado farase público o 15 de decembro de 2016. A(s) persoa(s) gañadora(s) serán publicadas nas redes sociais de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e será(n) avisada(s) nos datos de contacto que se nos indiquen.
Publicación
De
tódalas fotografías presentadas ao certame, o xurado seleccionará
aquelas que poidan participar de acordo cas bases do concurso e os
requisitos de calidade establecidos. O proceso de selección
realizarase en dúas fases:
-
Nunha primeira apróbanse as fotografías que a súa adecuación ás normas e aos requisitos de calidade non plantexen ningunha dúbida.
-
Na segunda fase tomarase a decisión definitiva de aprobación ou descarte sobre as fotografías que aínda estean pendentes de validación.
O
período dende que se envíe unha fotografía até que é aprobada ou
rexeitada pode alargarse varios días. A súa publicación, polo
tanto, non terá carácter inmediato.
Só
se publicarán aquelas fotografías que pasasen as fases de selección
descritas. As fotografías descartadas eliminaranse automaticamente,
non permanendo almacenadas nos servidores de Enxeñería Sen
Fronteiras.
Xurado
O
xurado, composto polas fotógrafas Carmen M. Torrón e Laura Piñón
máis Sergio González en representación de Enxeñería Sen
Fronteiras, será o encargado de seleccionar as fotografías
finalistas e as gañadoras.
A
organización solicitará a aqueles participantes que poidan optar a
ser finalistas o envío da fotografía en alta resolución
(preferiblemente a orixinal), para cerciorarse da autoría da mesma.
O
xurado rexirase por criterios fotográficos e de orixinalidade para
efectuar o seu veredicto. A organización resérvase o dereito de
rexeitar aquelas fotos que non se axusten aos requisitos establecidos
para este concurso.
As
dúbidas dirixidas ao xurado e a organización serán remitidas a
epd.corunha@isf.es
Os
participantes deberán agardar á publicación do fallo do xurado.
Penalización
e expulsión de participantes
Este
xurado resérvase o dereito de excluir fotografías do concurso se se
dectectan irregularidades durante o proceso das votacións decisorias
dos premios (piratería informática, fotografía doutro autor,
etcétera).
Premios
O
premio será un libro electrónico e incluirase ademáis nel contido
relacionado con TpDH ou temáticas de traballo de Enxeñería Sen
Fronteiras e a unha beca para realizar un dos cursos en liña que
organiza a Federación de Ingeniería Sin Fronteras. O premio está
valorado en 350€.
Farase
público o nome da gañadora do concurso nas redes sociais de
Enxeñería Sen Fronteiras. A organización tamén contactará con
ela por correo electrónico.
Observacións
A
persoa participante manifesta e garantiza que é a única titular de
tódolos dereitos de autor sobre a fotografía que se presenta a
concurso.
A
participación no concurso acarrea implícito o consentimiento por
parte da participante a que Enxeñería Sen Fronteiras e, no seu
caso, algún dos seus financieiros, reproduzan, distribúan e
comuniquen públicamente a obra fotográfica presentada, sempre con
fins meramente informativos e relacionados, en todo caso, co
devandito concurso pero nunca con fins comerciais.
As
autoras das fotografías presentadas continuarán sendo as titulares
de tódolos dereitos de explotación das mesmas. Enxeñería Sen
Fronteiras comprométese a velar por estes dereitos e a non facer un
uso das obras presentadas que vulnere o manifestado no anterior
parágrafo.
O
envío dunha fotografía ao concurso implica a aceptación total
destas bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario