Dentro do programa de mobilización social de Enxeñería Sen Fronteiras, apoiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, organizamos dúas xornadas sobre tecnoloxía para as persoas e a experiencia de voluntariado en ESF Galicia.
Unha será o vindeiro 16 de novembro ás 18 na 1ª planta do edificio central da Escola Politécnica Superior de Lugo e a outra o luns 21 ás 20:00h no local de asociacións da Escola Técnica Superior de Enxeñería no Campus Vida de Santiago de Compostela.
Podes inscribirte de balde vía correo-e en info@galicia.isf.es
indicando no asunto "charla voluntariado Lugo" ou "charla voluntariado
Compostela".
Aquí tendes os eventos de facebook por se queredes axudarnos na difusión:
No hay comentarios:
Publicar un comentario