10 nov 2016

De Noviembre a Carancho, cando a arte é unha arma cargada de futuro.


Achegádevos aquí amantes do séptimo arte, industria do cine (son cousas diferentes?) e peliculer@s en xeral. Isto é unha nova reflexión a través do cine (creo que a terceira), recoméndovos ler esta entrada pero esta non.

Despois do éxito de El Bola Achero Mañas estrea Noviembre no 2003, unha aproximación a arte como ferramenta de cambio social. Óscar Jaenada interpreta a un murciano que chega a Madrid para estudar interpretación. Alfredo consciente da degradación da arte cando esta se convirte en negocio é un idealista que lle encantaría cambiar este puto mundo a través do teatro. En palabras de Alfredo: quiero hacer teatro porque quiero hacer algo por mi y por los demás, quiero hacer teatro porque creo que sirve para comunicarse entre los seres humanos, porque creo que puede ser camino hacia el entendimiento y hacia la comprensión, por eso. Para iso creo un grupo de teatro, “Noviembre”, co cal actuará na rúa con obras cargadas de denuncia social, sen límites nin censuras e con todos os problemas que isto poida acarrear. A peli, ben intencionada e comprometida pero inxenua e con certas incoherencias, está rodada en forma de falso documental no cal os protagonistas da historia recordan as aventuras de Noviembre 40 anos despois e como pasaron de querer cambiar o mundo (sen conseguilo) a intentar que o mundo non os cambie a eles.


Perroflauras random con camiseta de Noviembre
O teatro como ferramenta de cambio social (recordades?), como forma de acompañar procesos pedagóxicos con calquer colectivo, como medio de analizar colectivamente as desigualdades, as violencias estruturais e as opresión vividas. Existen moitos colectivos e iniciativas nesta dirección (facede o favor de deixar en comentarios as que coñezades). Pode unha obra chegar a provocar cambios na realidade perceptibles e sen facer grandes abstraccións teóricas? Deixamos España e vámonos a Arxentina, no 2010 Pablo Trapero presenta Carancho, unha historia que xira arredor dun avogado con nome de ave carroñeira. O prota da historia (Ricardo Darín) vive das vítimas de accidentes de tráfico, contacta con elas e xestiónalle a indemnización quedándose cunha boa parte e pagando comisións a policías e paramédicos. O film de Trapero tivo tanto éxito e o impacto foi tal que rematou na chamada ley anti-caranchos.

No local da Coruña quedan restos da formación en Teatro Social

1 comentario:

Sergio dijo...

Grupo Cen-Tolas https://www.facebook.com/gto.corunha
E a min a entrada que non recomendas sobre cine mólame máis :DDD