2 nov 2016

Resumo blogueiro: outubro 2016

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de outubro, publicáronse as bases dos certames de fotografía e de poesía de ESF, nos que se poderán mandar obras até o 30 de novembro. Coñecimos como se desenvolveu a primeira parte do obradoiro de bioconstrución en COB que se está a realizar en Vigo (xa está aberto o plazo de inscrición para o segundo módulo). Se queres saber máis sobre o tratado de libre comercio EEUU-UE (o TTIP), velaquí a crónica dunha interesante xornada que tivo lugar en Madrid e á que asistimos. Tempo tamén para a reflexión sobre a Universidade e o pensamento complexo, sobre os instrumentos de apoio á cooperación internacional no eido tecnolóxico (a raíz dunha xornada á que asistimos en Santiago) e sobre a Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano. Lembramos a análise que fixemos a finais de setembro sobre a percepción da sociedade española sobre se ciencia t tecnoloxía están a server para loitar contra a desigualdade ou para empeorala, baseándonos nos "Informes de Percepción Social de la Ciencia y la Tecnología en España".


BLOGUE HONDURAS


    O mes de outubro en Honduras trouxo novas visitas, seguindo ás que xa tiveramos en setembro por parte de persoal de Cartolab (con formacións en cartografía participativa e OSM) e do CEXEF (para un estudo que permita mellorar a actuación en temas de redución da fenda de xénero cos nosos programas no país). Desta volta visitounos Benigno, docente vinculado tamén á Universidade da Coruña, que nos apoia na liña de enerxías renovables que estamos empezando a abrir no país. Tamén puidemos coñecer como lles foi a Irene e Miguel (participantes no PCR 2016) na súa estancia na comunidade de Azacualpa. En breve estarán de volta en España. Queremos lembrar dende aquí a Julia Zelaya, traballadora de Amigos de la Tierra, e con quen compartimos oficina en Honduras, que finou o pasado 29 de outubro. 


ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 


Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 



A ESF-RASE DO MES

Un goberno que asuma a súa responsabilidade ante o público en serio, entón terá que asumir a responsabilidade e contribuirá ao Software Libre
Julia Reda o pasado 4 de setembro, no Software Libre Summit Foundation Europe, en Berlín


No hay comentarios: