13 dic 2016

ESF EN REDE: EIMA-CONAMA 2016. AUGA

A participación de ESF-en-rede do día 29 do pasado mes de novembro foi nunha das sesión de traballo do programa Encuentro Iberoamericano del Medio Ambiente (EIMA). Este programa naceu hai 20 anos no marco do CONAMA coa intención de conectar persoas, entidades e redes. A temática da sesión foi a Agua: retos y oportunidades multiescala en Iberoamérica. Comencemos por la gobernanza. Na palestra participaron representantes do Mapama español, da FAO, do estado de Ecuador, Panamá e Colombia e de proxectos como o ITIPU Binacional. Ao longo da sesión expuxéronse os grandes retos aos que se presenta a xestión sostible da auga  no inminente contexto de cambio climático. A xestión da auga é un dos principais protagonistas dos grandes compromisos internacionais firmados nos últimos anos: Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030 (ODS), Cambio Climático (COP21 París e COP22 Barraques) e Nova Axenda Urbana (Hábitat III Quito).
Estímase que en 2050 máis da metade das cuncas hidrográficas do planeta sufrirán estrés hídrico, 240 millones de personas seguirán sen acceso a auga potable e 1400 millones sen acceso ao saneamento básico. O reto está na organización e planificación entre comunidades e estados, dende unha visión inclusiva e non extractiva da xestión da auga. Esta foi unha das principais debilidades identificadas: a coordinación entre comunidades, entidades e organismos xestores, é dicir, unha adecuada gobernanza da auga. As consecuencias son a falta de planificación real, a baixa eficiencia na xestión e finalmente na falta de accesibilidade da poboación á auga potable. A oportunidade, por tanto, estaría en conseguir entender a necesidade da adaptación das sociedades ao territorio e non o territorio ás sociedades, así como en ampliar o coñecemento do recurso e do estado do mesmo, necesariamente no actual paradigma de cambio climático.
Fonte: http://www.eltiempo.com/
Colombia presentouse como un país anfibio, onde o 65 % do territorio se inunda de forma natural nalgún momento do ano con repetidos desastres humanos polo asolagamento das poboacións. A arquitectura tradicional adaptase a esta realidade construíndo casas flotantes, pero a globalización tamén chegou á este sector e as novas construcións son arrastradas polas inundacións. Moitas veces, unha adecuada xestión da auga pasa pola recuperación de tecnoloxías tradicionais. 
Fonte: http://www.eltiempo.com/

Paradoxicamente, aínda sendo un territorio con abundante auga, aló menos durante parte do ano,  as secas son cada vez máis frecuentes. Cambio climático e gobernanza real son os principais retos na xestión da auga no futuro próximo, non só en Colombia.

No hay comentarios: