- Venres 23 de decembro de 10:30 a 13:30
- Aulas 16 da Escola Politécnica Superior de Lugo (edificio da ampliación, onde está a cafetería).
- Gratuito, pero é necesaria inscrición en info@galicia.isf.es indicando se se vai participar na comida, para estimación de persoas.
Obxectivos:
- Trátase de debatir sobre a necesidade de pasar do concepto de seguridade alimentaria ao de soberanía alimentaria (e como facelo) para garantir realmente o dereito á alimentación, a partir de reflexións e experiencias de traballo en América Latina e Galicia.
- Ademais, dende ESF Galicia quérese aproveitar para crear unha rede de persoas conectada cunha lista de correo-e para dinamizar debates cos que a asociación se atopa nestes temas no día a día das súas actividades en Galicia e Centroamérica, contando con persoas a modo de “asesoras” no eido do desenvolvemento rural. Este encontro serviría de punto de arranque para esta lista de persoas asesoras en desenvolvemento rural de ESF Galicia.
Metodoloxía:
Preténdese crear un espazo informal de faladoiro-reflexión-debate, onde haberá breves intervencións con temáticas predefinidas para ir fiando os contidos, moderadas por unha persoa de Enxeñería Sen Fronteiras. Serán ciclos de 20 minutos que se iniciarán con unha exposición-reflexión da persoa relatora sobre un aspecto determinado, para a continuación entrar nun debate común, que pode enlazar tamén cos puntos anteriores. Deixaranse ao final uns minutos para unha exposición consensuada de conclusións ou ideas forza que sairan ao longo da xornada. Ao final da mesma, haberá un espazo de conversa informal na comida, a base de petiscos.
Programa:
Modera: Raquel Zolle Fernández. Representante-país Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
- 10:30 Presentación do acto e das persoas asistentes
- 10:45 Mar Pérez Fra (Universidade de Santiago de Compostela). A soberanía alimentaria como base da agricultura galega e europea actual
- 10:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 11:05 Emilio Carral (Universidade de Santiago de Compostela). O pequeño é grande. Agricultura labrega e soberanía alimentaria en Galicia
- 11:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 11:25 Víctor Álvarez (Xunta de Galicia). A extensión agrícola e a soberanía alimentaria, experiencias en Galicia e América Latina.
- 11:35 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 11:45 Tecnoloxía na soberanía alimentaria. Pedro Revilla (Misión Biolóxica de Galicia-CSIC).
- 11:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 12:05 Sindicato Labrego-Vía Campesiña. A soberanía alimentaria, loita internacional.
- 12:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 12:25 Soberanía alimentaria en Centroamérica.Relatores por confirmar
- 12:35 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 12:45 Marcos e Almudena (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia). A soberanía alimentaria en perigo. O caso de Honduras.
- 12:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 13:05 Clara Raposo. Consumo de cercanía na soberanía alimentaria.
- 13:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
- 13:25 Conclusións e ideas-forza xeradas. Despedida
- 13:30 Petiscos e espazo informal
No hay comentarios:
Publicar un comentario