Comprácenos anunciar que xa temos persoas gañadoras do I
certame de poesía e de fotografía organizado por Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia e cofinanciado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Lembramos
que as temáticas de ambos os dous concursos eran o dereito humano á auga, a
xestión dos recursos hídricos e a tecnoloxía para o desenvolvemento humano.
Houbo una gran acollida, cun alto nivel de participación (31 fotografías e 18 poesías) que nos sorprendeu ao ser a primeira edición, e unha gran calidade tanto en fotos como poemas presentados. Grazas polo voso esforzo e interese, tanto a participantes como a quen nos axudástedes a difundir!
EN FOTOGRAFÍA
"Cocinando con menor gasto de leña", 1º Premio |
- Álvaro Trillo consegue o PRIMEIRO PREMIO de
fotografía coa súa "Cocinando con menor gasto de leña". Segundo comenta o seu autor "todo proyecto de cooperación al desarrollo debe tener el tema medioambiental como una cuestión transversal, pero en los proyectos de desarrollo rural con enfoque de microcuenca, como los desarrollados por Esf en el Rio Sasle, en las cercanías de Jinotega (Nicaragua), se convierte en cuestión principal, y la conservación de la vegetación es fundamental para garantizar un buen aprovechamiento de los recursos hídricos y la calidad del agua, así como para asegurar la retención del suelo. Las cocinas mejoradas contribuyen a ello al reducir considerablemente el consumo de leña para cocinar, frente a la forma tradicional de fuego abierto"
- O ACCÉSIT é para Ana Vázquez, con "A Gota da Vida".
EN POESÍA
- O PRIMEIRO PREMIO foi para Capetón, de Francisco
Javier Fernández Davila que, segundo o xurado, destápase coma unha epopea íntima de extraordinaria calidade que toca, aínda tanxencialmente, temáticas de Enxeñería Sen Fronteiras como son a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano ou mesmo a pesca sustentable.
- Un dos accésits é Manando maino de Aura García Vilar que, a dicir do xurado, atrapa delicada e inexorabelmente a quen está lendo, e remata deixando un pouso de alegato polos recursos hídricos.
- O outro accésit foi para O dereito a sermos auga de Carlos da Aira Fernández, que consegue conxugar con brillantez, unha lírica fermosa e potente, co argumento do dereito á auga.
"A Gota da Vida" , Accésit. |
Nota do xurado do certame de poesía: Para un certame que vén de nacer coma o noso, houbo un nivel literario e de compromiso moi elevado, que obrigou o xurado a un grande esforzo de análise. Parabéns e grazas a todas as participantes.
Tanto no certame de poesía como no de fotografía o premio consistiu nun lector de libros electrónicos que contiña unha colección de libros e material relacionado coa Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano xunto coa matrícula dun dos cursos en liña que organiza a Federación de Ingeniería Sin Fronteras. Esta derradeira parte do premio, unha beca para un curso en liña, é no que consistirán os accésits outorgados polo xurado.
---------------------------------------------------
Tanto no certame de poesía como no de fotografía o premio consistiu nun lector de libros electrónicos que contiña unha colección de libros e material relacionado coa Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano xunto coa matrícula dun dos cursos en liña que organiza a Federación de Ingeniería Sin Fronteras. Esta derradeira parte do premio, unha beca para un curso en liña, é no que consistirán os accésits outorgados polo xurado.
Parabéns a todas as que participástedes! Agardámosvos na futura II edición!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario