Paralelamente ao ciclo de conferencias das II Xornadas de bioconstrución en Vigo, nesa primeira semana iniciouse o Obradoiro teórico-práctico de construción dun banco con técnica cob no recinto do Instituto Politécnico de Vigo.
Das primeiras sesións do Obradoiro, e mediante o traballo en grupos con posta en común final, saíu o deseño definitivo do banco que se ía construír.
E nas fotos móstrase parte do proceso de construción, que ocupou os catro fins de semana posteriores.
Desde a sobrecimentación con pedra e recheo con grava...
...ao levantamento da estrutura do respaldo con listóns de madeira.
Elaboración de cob coas súas proporcións adecuadas de area, arxila, auga e palla, para despois aplicalo no banco:
E os revoques e pinturas finais:
Co banco rematado, debemos agradecer ao Instituto Politécnico de Vigo a súa paciencia, dispoñibilidade e amabilidade por ter compartido as súas instalacións e servizos para este Obradoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario