Un moi recomendble libro dun autor que cuestiona tecnooptimismo radical de "a tecnoloxía faranos libres", sen caer nos estereotipos luditas de rexeitamente incondicional da tecnoloxía.
Fai moito fincapé (con moitos exemplos en todo o mundo, moi de actualidade a pesares de que o libro é do 2010)
na inutilidade, e mesmo perigo, de aplicar receitas baseadas na
guerra fría (como de muros ou telóns, no que o caso de China é recorrente) para afrontar a censura na
internete por parte de rexímenes autoritarios. O mesmo advirte sobre receitas homoxéneas en todos os casos,
baseadas en cuestións técnicas e no discurso de “liberdade de
internete”. Hai que adaptarse a cada caso e coxuntura
política-social.
Quedámonos con dúas
frases:
- Na última década,
caracterizada por un masivo repunte da cantidade e a sofisticación
do control de internete, os rexímenes autoritarios demostraron ser
moi creativos á hora de reprimir a disidencia grazas a medios non
necesariamente tecnolóxicos. Como tal, a maioría dos cortalumes que
deben destruirse son de naturaleza máis social e política que
tecnoloxica.
Eugeny Morozov (O desengano de internete) - A información quere ser libre, pero tamén quenes a intercambian
Tamén queremos deixar o seguinte parágrafo, que nos parece que resume ben as teses de todo o libro:
En definitiva, sosteño que a única forma de conseguir que internet desenvolva o seu potencial emancipador é abrazar tanto o ciberrealismo como o ciberagnosticismo. O ciberrealismo axúdanos a evitar confundir o sociotécnico co puramente técnico, e a restaurar as dimensións políticas e sociais que tenden a extraviarse cando a tecnoloxía explica o mundo (unha confusión condenada a producirse cada vez con maior frecuencia, a medida que aumenta a importancia cultural de internet). Os ciberrealistas comprenden que o mundo circundante é o produto dunha complexa interacción entre factores sociais e tecnolóxicos, e néganse a priorizar como dominante calquera destes dous conceptos. O ciberagnosticismo, pola súa banda, protéxenos da perniciosa influencia das actitudes condicionadas pola cultura (xa sexan utópicas ou distópicas) cando analiza tecnoloxías concretas. Protéxenos do esgotador debate acerca de si internet é bo ou malo, e permítenos pensar con máis claridade e sen necesidade de cuestionar que significa o noso exame dunha tecnoloxía concreta para o ámbito cultural máis amplo de internet. En suma, o ciberrealismo axúdanos a percibir as tecnoloxías de internet tal como están situadas no mundo sociotecnolóxico, mentres que o ciberagnosticismo axúdanos a analizalas, incrementalas ou combatelas sen ningunha parcialidade ideolóxica. Pensar que poderemos chegar a utilizar internet como ferramenta para fomentar a democracia sen respectar estes dous ideais cognitivos é o desengano de internet na súa forma máis pura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario