A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen
Fronteiras Galicia (ESF-Galicia) presentou os resultados do seu
Estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito
empresarial tecnolóxico da provincia da Coruña no 1º Encontro
de Economía do Ben Común financiado por Cooperación Galega da
Xunta de Galicia, celebrado hoxe no Fórum Metropolitano da Coruña.
Neste
estudo ía na procura de empresas con máis obxectivos
que o beneficio económico: motivacións sociais, ambientais e
preocupadas polo futuro da sociedade; así mesmo indagaba na
conciliación destes obxectivos
coa
viabilidade económica. Observouse
que o 42% das empresas participantes no estudo rexeitaran algún
traballo que, sendo legal, xerase problemas
éticos e que todas o farían no caso de atoparse na mesma situación,
e que o 70% das empresas consideran a transparencia unha ferramenta
fundamental para mellorar o funcionamento empresarial. A pesar disto
conclúese que as empresas do sector tecnolóxico seguen primando o
beneficio empresarial, a seguridade no cobro ou liquidez e a certeza
no cumprimento da legalidade vixente. Sen embargo, na súa xestión,
existe unha viraxe cara outros procedementos máis innovadores
que aposta polo traballo en equipo, a flexibilidade laboral, a
creatividade e a transferencia de coñecemento interno.
Enxeñería
Sen Fronteiras é unha asociación independente, multidisciplinar,
sen ánimo de lucro e baseada no voluntariado que busca construír
unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a Cooperación para
o Desenvolvemento e poñendo a Tecnoloxía ao servizo do
Desenvolvemento Humano.
Máis
información: info@galicia.isf.es
e 981 167 000 ext 1479 (mañás). Neste
enlace
pódese descargar o informe completo e o resumo de prensa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario