Participamos nesas Xornadas, facendo eu mesmo a poñencia "Avaliación participativa da xestión". Comezamos falando de onde xurdiu a idea, alá polo ano 2014, nos debates da lista de Auga, nos cales atopamos como puntos comúns a defensa da transparencia e da participación cidadán como elementos fundamentais en torno ós cales artellar a estratexia de incidencia política de Enxeñería Sen Fronteiras.
Fixemos unha aproximación á definición de participación, como proceso de desenvolvemento persoal e colectivo, así como unha exposición do marco normativo que ampara ese dereito á información e á participación. Logo desta breve exposición, pasamos a explicar a metodoloxía concreta que estamos desenvolvendo tanto dende Enxeñería Sen Fronteiras como dende o Laboratorio de Enxeñería Cartográfica (CartoLab).
Neste enlace podedes acceder á presentación.
As conclusíon xerais ás que se chegaron logo deste encontro poderíanse resumir nos seguintes puntos:
- A xestión do ciclo integral da auga enfrentase a unha serie de retos técnicos, sociais, medioambientais e económicos que é necesario encarar dun xeito coordinado e colaborativo entre as asociacións e organizacións cidadáns, operadores, institucións e gobernos. O seu obxectivo debe ser desenvolver unha política de auga sostible dende ó enfoque do ben común e de Dereito Humano á Auga.
- Polo tanto, os operadores públicos deben asumir consecuentemente os criterios xerais, normativos e específicos do dereito humano á auga e o saneamento no que atañe a equidade e universalidade do servizo e a prohibir os cortes de auga ó fogares en situación de vulnerabilidade social, garantizando un mínimo vital para cubrir as necesidades persoais e domestivas amparadas por este dereito.
- Un dos principais retos é implicar á cidadanía na xestión e control do ciclo urbano da auga, o que entre outras cousas require aumentar a atención pública sobre a auga urbana.
- Xunto á entrada nos consellos de administración das empresas públicas ou mixtas de expertos e representantes da sociedade civil, estase promovendo a creación de órganos específicos de participación cidadán como os observatorios da auga, dos que xa comezan a existir algunhas experiencias en España como o Observatorio da Auga de Xàvia (Alicante)
- Por outra banda, a educación e formación sobre o ciclo urbano da auga constitúen requisitos imprescindibles para conseguir unha participación ciudadana activa e informada.
- Ademais, é necesaria unha maior transparencia no acceso á información por parte dos cidadáns, superando as situacións de opacidade que actualmente envolve moitos casos de xestión.
- Os modelos de xestión deberán garantizar a conservación do bon estado ecolóxico das masas de auga contando con tecnóloxías innovadoras e flexibles que contribúan a asegurar a sustentabilidade a longo prazo.
- Neste proceso de creación dun novo modelo público, tamén se puxo de manifesto a necesidade de impulsar accións e iniciativas lexislativas , para o cal é fundamental contar co apoio e a coordinación coas administracións locais, titulares dos servizos de auga, e na defensa da xestión pública da auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario