18 abr 2017

Outras realidades: viva Honduras!

Aproveitamos a formación das persoas participantes no Programa da Coñecemento da Realidade 2017 (PCR 2017) de ESF para compartir con quen queira acercarse todo o que aprenderemos sobre a vida en Honduras e os nosos proxectos alí, financiados actualmente por Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

DÍA: xoves 20 de abril

HORA: 10 a 14

LUGAR: aula 7 da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. A Coruña.

PROGRAMA
  •     Contexto de Honduras e proxectos de ESF
  •     Dinámicas sobre multiculturalidade
  •     Seguridade e saúde en Honduras
  •     Experiencia de persoas que participaron no PCR noutros anos (con espazo para preguntas e dúbidas).

Ese mesmo día pola tarde, de 18 a 21, na Sala de Grados 1 da propia Escola de Camiños, teremos unha formación sobre o programa de fortalecemento do Dereito Humano á Auga que estamos a desenvolver en Honduras, incluindo unhas nocións sobre como formulamos proxectos para acadar financiación de administracións públicas empregando a ferramenta do Marco Lóxico. Tamén estades invitadxs!!!





No hay comentarios: