2 may 2017

Boletín Oficial Esfeiro: maio 2017




CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Comezamos abril cunha entrevista radiofónica onde comentamos o estudo feito sobre valores éticos en empresas tecnolóxicas. Lembramos a lexislación que regula o uso de estándares abertos nos formularios e aplicacións das administracións públicas (estes días tivemos bastantes pelexas con plataformas dixitais "pouco amigables" co sistema GNU-Linux tanto da Xunta de Galicia como da Deputación da Coruña, que se solventaron finalmente). Neste mes celebramos ademais a Xuntanza de Primaveira da base social de ESF Galicia, con este programa (podedes ver algunha fotiño aquí). Polo Día da Terra fixemos unha pequena reflexión en redes sociais, e tamén reflexionamos, desta volta presencialmente, sobre a realidade de Honduras na formación das persoas que participarán este ano no Programa de Coñecemento da Realidade. Por último, colgamos por fin un interesante recurso didáctico para aprender xogando sobre a cooperación e as ONGD, o xogo de cartas colaborativo "Co-operando".


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras continúa o traballo nos dous programas. No de promoción do Dereito Humano á Auga, estamos coa Fase III, que se prolongará este ano, e onde se inclúen proxectos piloto de bombeo de auga con enerxía solar. Vimos de solicitar unha subvención da Deputación da Coruña para apoiar un deles, e mentres noutro que está arrincando xa na aldea de Varsovia atopámonos cunha curiosa ánecdota: de mangos, pedras e panéis solares... Ademais, xa está en marcha a preparación dunha nova fase do programa, que esperamos solicitar nas próximas semanas nunha subvención de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. No de Soberanía Alimentaria, continúa o traballo con CODDEFFAGOLF dentro do consorcio financiado por AECID, e estase tamén a elaborar unha proposta para presentar a Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento



Consumo responsable



Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 



Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • El otro mundo. Volumen 1. Miguel Brieva.
  • La nueva empresa. Responsabilidad Social Corporativa. Miguel Osorio (comp.).

E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

    Todos lembramos o momento en que xurdiu a internete e as grandes esperanzas democráticas que se depositaron neste novo medio, porque se pensaba que ía permitir unha opinión pública máis ampla e un sistema político máis transparente. Pero é agora cando estámonos a dar conta de que no é a política a que se fixo máis transparente, senón nós. E iso fainos máis controlables.
Rüdiger Safranski











No hay comentarios: