A soberanía tecnolóxica vai na liña das "novas soberanías" (nas que ten un papel cada vez máis esencial). Sóese falar de
"soberanía tecnolóxica" como sinónimo de "soberanía dixital", o
cal naturalmente non é nada preciso. Sobre soberanía tecnolóxica (sobre todo dixital) é super-recomendable este
dossier e tamén o blogue de RamónRamón.
Ocorre é que hai moitos elementos da soberanía
dixital que permiten comprender moi ben conceptos de soberanía
tecnolóxica, como nos respondeu Stallman na Coruña comparando o problema do software privativo coas patentes das sementes.
Todos estes conceptos van moi na
liña do que vimos definindo como tecnoloxía para o desenvolvemento humano-TpDH (se ben este último concepto na miña opinión
ten unha compoñente moito máis "ética" e de defensa do ben común do que quizais teña a soberanía tecnolóxica "per se", posiblemente a soberanía tecnolóxica faga máis referencia á forma e a TpDH ao "fondo" ou "fin").
Aquí temos uns enlaces interesantes para formarse máis sobre soberanía dixital (e outras soberanías como a alimentaria ou a enerxética).
No hay comentarios:
Publicar un comentario