6 may 2010

Entrevista a María Vázquez Rey - Radio Fusión

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a María Vázquez Rey, voluntaria da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "Arredor de Nós" de Radio Fusión o 6 de maio de 2010.
Durante a conversa, María fala sobre a sobre a Jaima Saharaui instalada polo Grupo de Sensibilización e Incidencia de ESF Galicia en Santiago de Compostela, os días 4, 5 e 6 de maio de 2010.

Jaima 2010, día 2: a expedición coruñesa e reunión de sede

Segundo día de Jaima!!

Ademáis é o día central, porque está no medio, e porque vai completo dende o inicio ata o fin. Explícome, non hai que "montar" nada concreto nin ir buscar nada que xa non estivera alí perdendo horas da mañá, e tampouco hai un motivo polo que recoller antes. De feito, neste día, a Jaima non tiña hora de peche!

Á primeira hora da mañá chegamos Chelo e eu (María) para recolocar todo e cambiar o ticket da O.R.A., algo importante...Unha vez colocado todo, había xente que iba e viña, non mareas humanas, pero sí que se acercaban a nós, e como di o delegado saharaui, "eso xa é un logro, ainda que solo sexan 5 persoas, xa son 5 persoas máis que están sensibilizadas. E 5 hoxe, 5 mañá..."

Ó longo do día pasaron moitas cousas que nos fixeron sentir moi ben. Polo tanto, moitas cousas que contarvos!

Unha delas foi que despois duns meses traballando con nós na distancia, Álvaro (o corresponsal de sensi compos en Vigo) voltou a estas terras para compartir con nós a experiencia da "Jaima II". Quedaría con nós o mércores e parte do xoves.

Quedamos a comer todos na Jaima, moi contentos polo que chegaría despois da comida, e non era o postre...

Tratábase do primeiro grupo da expedición Coruñesa á Jaima:

Quedamos supercontentos de que un grupo tan numeroso se animase a coller o tren e presentarse en Santiago para ver a nosa actividade. Explicámoslles un pouco como ía todo e puxémonos a facer té! probar as vestimentas saharauis...


xogar á oca e parchís saharauis...


E o tempo pasou voando, tiñan que volver coller o tren para retornar á súa terra, pero non sen deixar pegada da súa estadía no noso "libro de visitas" .



Tras a súa marcha a jaima quedou cun sentimento de vacío, pero pronto recuperamos as nosas enerxías, achegabase a hora dos contacontos, a actividade de horario fixo que estaba marcada para o día de hoxe.






Ademáis, chegou a segunda parte da expedición coruñesa...Sabela!


Ó rematar a Tropa de Trapo de emocionarnos, fomos baixando as portas da Jaima para quedar nela a sede de Compostela, que hoxe levaría a cabo alí, a súa reunión de sede onde ademáis tería lugar a presentación de AGARESO para colaborar mutuamente con ESF e a formación interna, neste caso a cargo do grupo de sensi pois o tema era Sáhara.

A formación en Sáhara consistiu nun xogo que o grupo de sensi preparara, o "Quiz Sáhara", unhas preguntas que os asistentes debían contestar divididos en 2 grupos. Un deles era o formado por: Cris Zolle, Álvaro, Andrés e Roberto Roget (novo PCR). O outro grupo era o de: Patri Iglesias, Adela, Ríos e Sergio. As preguntas lanzábaas a coordi de sensi e cada grupo debía lanzarse a polo pulsador, unha das garrafas baleiras de auga que había da balanza que tiñamos na Jaima, unha vez que soubesen a resposta. Se fallaban, había rebote para o grupo contrario.

O grupo gañador: o de Adela, Patri, Ríos e Sergio, que recibirá o premio na seguinte reunión de sede.


Como podedes comprobar, a luz era escasa, pero a candea de Xacobe deu para moito!
Desa reunión sairon ideas como o punto sorpresa ao final da mesma: irnos de acampada a Ons!!Toda ESF Galicia!!Así que apuntádevos no doodle que, Helena Eijo, Coordinadora de Sede, enviou!

Xa vedes, un segundo día de Jaima, no proxecto "Jaima II" moi completo, para que logo digan das segundas partes...jeje

Para rematar, si no día de onte acabei cunha frase surxida despois dun "abrazo sensibilizador" nas portas da jaima, para este día fagoo coa contestación que a nosa marabillosa Sabela lle dixo ó noso estupendo Pepe, dunha punta á outra da Jaima cando se viron e el lle preguntou a Sabela que facía alí en vez de estar na reunión de PCR...

"Yo ya avisé de que no iba a la reunión, que tenía Jaima!"

5 may 2010

Reportaxe Jaima Saharaui - Radio Nacional de España

Aquí podedes escoitar o audio da reportaxe emitida na programación Rexional de Radio Nacional de España en Galicia o 4 de maio de 2010, con motivo da Campaña de Sensibilización e Incidencia levada a cabo por ESF Galicia, na que se instalou unha Jaima Saharaui en Santiago de Compostela, os días 4, 5 e 6 de maio de 2010.

Jaima 2010, día 1: sen parar!

Boas a todos!

Esta aventura comeza hai mooooito tempo, e despois de case un ano planificando, formulando, pedindo subvencións... Despois dun mes cadrando presupostos, xustificando facturas, organizando horarios, viaxando case diariamente á copistería e consultando na vicerreitoría, avisando con antelación aos Amigos de que necesitabamos a Jaima e consultando con verdadeiros amigos si podían colaborar con nós nesta actividade... Despois de reunións longas e intensas, despois de todo iso, o luns 3 de maio collimos os carriños de compra que o grupo de sensi-compos comprou despois de habelo presupostado ,e comezamos o traslado de bartulos da ETSE á Facultade de Farmacia, esta vez a organización era mellor e entre os coches de Andrés e María a cousa non andivo tan apretada coma o ano anterior no que tivemos só o coche de María e ainda non podíamos levalo a Farmacia senón que o houbo que trasladar á casa de Xacobe.


Pero ademáis, este ano algo máis cambiara, e non foi que a Jaima chegase puntual... foi que se ía montar o día anterior para non andar con presións de última hora antes da inauguración (ainda que esto de "non presións de última hora" creo que ninguén o creu...)

Solicitáramos axuda ao resto da sede de compos para a montaxe da Jaima, e a resposta foi boa, quedaramos ás 20h e todos foron chegando puntuais, menos... A JAIMA!! Non por culpa dos encargados de ila buscar a Vigo (lugar onde debería estar) como foron Xacobe e seu pai, Julio, que un ano máis non deixou de apoiarnos!


Todos collimos un enfado monumental tras a xogada dos "Amigos" e despois que Xacobe, Xulio e Álvaro fosen buscar a Jaima a Salceda (a 10km de Portugal) na furgoneta que alquilamos para a ocasión (sen saber os grandes servicios que nos aportaría)comezamos a súa montaxe ás 22h da noite e sen axuda de ningún saharauí senón fiandonos da nosa memoria e habilidades.
Entre risas e duro traballo, baixo a chuvia, pero sen perder nunca o ánimo, a SEDE DE COMPOS MONTOU UNHA JAIMA NO CAMPUS VIDA COMPOSTELANO!!


Marchamos ás 12 da noite coa esperanza de que ao día seguinte todo saíse ben!
E chegou o día da inauguración. Tras presións de última hora, a prensa respondeu á nosa chamada mellor ca o ano anterior e cuns resultados cos que estamos bastante contentos. Ademáis, este ano conseguimos que na inauguración estivesen ademáis do delegado saharauí para Galicia (Almedu Mojtar), o vicerreitor da USC, a concelleira Mar Martín en representación do Concello de Santiago, Santiago Jiménez do Observatorio Internacional para o Referendum de Sáhara Occidental, e o decano da facultade de Farmacia como anfitrión, pois tiñamos almacén reservado para nós nesa facultade e a rolda de prensa sucedeu na Aula Magna de dita facultade. Despois da mesma trasladamonos á Jaima e cortamos un lazo vermello como símbolo de apertura da nosa"tenda de campaña tan grande" como diría Patri. (Non hai fotos dela, pero está grabada en vídeo, proximamente teredes a reportaxe gráfica que nós mesmos fixemos).

O longo do día foi un lugar de encontro no que se repartiu información de diverso tipo acompañado sempre de bo té!

Ás 20h comezou o taller de Henna a cargo de Patricia Abel, unha actividade que sempre atrae masas e que este ano rematou ás 23h!!

Chegado este punto recollimos todo para a furgoneta que exerceu de almacén temporal na zona O.R.A. , de aí que nos puxesen unha multa, pero non vos precupedes, está todo solucionado, anulación correcta, camiseta vendida ao señor e comunicado o problema, igual que aos de prosegur e á policia nacional...si é que cando sensibilizamos, sensibilizamos a quen sexa!

Así pasou o primeiro día de Jaima, e para nada se imaxinaban as historias e ideas que dela e nela se crearían...

A mellor frase para poder rematar as actividades, ideas, conversas, pensamentos... en definitiva este día, sería..."e que nos quiten o bailao"

4 may 2010

Reportaxe Jaima Saharaui - Radio Galega

Aquí podedes escoitar o audio da reportaxe emitida no programa "Aquí Galicia" da Radio Galega o 4 de maio de 2010, con motivo da Campaña de Sensibilización e Incidencia levada a cabo por ESF Galicia, na que se instalou unha Jaima Saharaui en Santiago de Compostela, os días 4, 5 e 6 de maio de 2010.

RESUMO BLOGUEIRO MENSUAL: ABRIL 2010

CONTIDOS


* Blog Corporativo
* Blog Nicaragua
* Blog Honduras
* Blog asignatura de cooperación da UDC
* Outros blog en activo de ESF Galicia
* Outros blogs ISFeros
* Outros enlaces de interese
* Novas publicacións en papel
* E no próximo mes ...
* A ESFrase do mes

BLOG CORPORATIVO


En Abril apareceron novas sobre o posto informativo de ESF e Sahara na EPS de Lugo e en Químicas en Santiago, así como sobre o Curso de TpDH en Santiago, viñetas do Día da Auga, aparicións de ESF na radio, a Nórdica, a charla no instituto de Valga sobre Auga, reunións variadas de grupos esfeiros (GAT, Compostela coa nova coordinadora,), a Asemblea Extraordinaria e o conto do bambú xaponés, algunha referencia ás formulacións para subvencións da Xunta de Galicia, a chegada da Jaima para Maio no Campus Vida da USC e, por que non, algo festivo co almorzo de aniversarios na sede de Coruña. Un mes de moita actividade!!


BLOG NICARAGUA


Neste mes temos a Lorena en Jinotega, como participante na convocatoria extraordinaria de PCR. Xa empezou a contarnos como lle vai por alí e as actividades que se están a levar a cabo. Ademais podedes ver algo do que se está facendo en sensibilización, tanto en Galicia como en Nicaragua (cuñas radiais, charlas, pósters). Neste mes se presentou ás axudas da Xunta de Galicia a FASE III do programa que se está a desenvolver en Nicaragua.


BLOG HONDURAS


En abril non houbo actividade no blog, aínda que paga a pena comentar que tamén se presentou un proxecto ás axudas da Xunta, no ámbito do desenvolvemento rural, e con Amigos da Terra e o CARTOLAB da UDC como socios en Galicia e CODDEFFAGOLF como socio en Honduras. Ademais se estivo a traballar duro coas xustificacións parciais que hai que presentar para o proxecto de As Lajas e o Programa en Marcovia (ambas para a Xunta).


BLOG ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC


No mes de abril tiveron lugar as sesións 6ª a 9ª do ciclo de charlas que conforman a Asignatura de Introducción á Cooperación, das que tendes un resumo neste blog xunto con outro material de interese (enlaces a vídeos e outros recursos). Tratouse sobre o Comercio Xusto e Consumo Responsable nunha mesa redonda, falouse sobre Ecodesenvolvemento e Desenvolvemento Sostible, así como sobre Microcréditos na India e a catástrofe de Bophal, sendo a última do mes a ponencia sobre Axuda Oficial ao Desenvolvemento.


OUTROS BLOGS EN ACTIVO DE ESF GALICIA

  • Twitter ESF Galicia. Creado o 16 de marzal, será un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias do sector da cooperación que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes púidose seguir en directo a Asemblea Xeral Extraordinaria, e tratarase de que poidades seguir o que pasa na Jaima saharaui en Santiago.
  • Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación para despois do verán en Vigo.
  • Proxectos de El Salvador

OUTROS BLOGS ISFEROS


OUTROS ENLACES DE INTERESE

Mundo

Vídeo. Bloqueo, la guerra contra Cuba.

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Nuevas estrategias en el negocio del hambre.

El efecto bumerán en Monsanto.

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 III Encuentro Internacional de TIC en la Cooperación para el Desarrollo. Conclusiones.

10 razones para que la administración libere software.

Algunas claves para afrontar la inclusión digital
.

El Banco Mundial ofrece libre acceso a datos sobre desarrollo.

Biblioteca Digital Mundial.


ONG e organización


Cuando no te aprueban los proyectos.

Modelos de desenvolvemento


Enciclopedia sobre o decrecemento.

A mis amigos pseudoliberales.

Iniciativas

Grupo de apoyo a proyectos (GAP).

¿Te faltan recursos de diseño para las causas que defiendes? Brigada Creativa.

EXGAE.

Comunicación (para o) como desenvolvemento


Periodismo Humano

Wikileaks. Unha wiki sobre filtracións de noticias.

La pirámide del compromiso.

Vídeo. Historia de un letrero.


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

DESTACADO. Vídeo. Coltan, comercio sangriento (en 6 partes).
 

NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).

Guías de actividade empresarial. Tenda privada de comercio xusto. Xunta de Galicia.
El mecanismo de desarrollo limpio y su contribución al desarrollo humano. Intermon Oxfam.
"Catástrofes y ayuda de emergencia. Estrategias de evaluación, prevención y tratamiento". César San Juan (ed.). Icaria.


E NO PRÓXIMO MES ...


1 de maio: Día Internacional de los Trabajadores
4 de maio. 18:00h. Escola de Camiños en A Coruña. Mesa Redonda:"A Cooperación dende o punto de vista da Administración e outras Institucións". Participan: Xunta, UDC, Concello de Coruña
6-7 maio: Curso Cooperación ao desenvolvemento dende a universidade: experiencias da UDC. Participa ESF os días 6 ás 12:30 e 7 ás 9:00
8 de maio (segundo sábado de mayo): Día del Comercio Justo
11 de maio: charla sobre a visión de ESF nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento sobre recursos hídricos e exemplos concretos no Master en Enxeñería do Auga na UDC.
11 de maio. 18:00h. Escola de Camiños en A Coruña. "Proxectos de cooperación para o desenvolvemento". Grupos de proxectos de ESF Galicia.
13-14 de maio: xornadas Tecnoloxías para o Desenvolvemento: aplicacións no Medio Rural. Lugo.
17 de maio: Día de Internete
18 de maio. 18:00h. Escola de Camiños en A Coruña. "Axuda en emerxencia". Francesc Cortada. Intermón Oxfam.
25 de maio. 18:00h. Escola de Camiños en A Coruña. "Diversidade cultural". Vanessa Míguez. Técnica da UDC.

Por definir: ponencia sobre Dereito Humano a Auga na Escola de Camiños en A Coruña.

A ESF-RASE DO MES


"No noso tempo, hai que pasar do horizonte de un ao horizonte de todos"
Paul Eluard. Poeta.

1 may 2010

Reunión de Sensi-Compos: traballo, cultura e ocio...e captación!

Esta entrada ten varias funcións:
-Dar a coñecer o preinicio da Jaima.
-Recordarnos a nós mesmos o ben que se organiza e traballa o grupo de sensi para fomentar a auto-motivación.
-Dar a coñecer como foi a reunión ó resto de membros do grupo que non asistiron presencialmente e se mostraban incrédulos de que o grupo se reunise nun hotel con jacuzzi...ainda que poida suscitar (sen querer) un pouco de envidia no resto de grupos...

A xornada comezou ás 9:30 da mañá camiñando dende Rosalía de Castro ata a praza do Obradoiro para ir ao Concello de Santiago onde Chelo, María e Helena se encargarían de contactar en persoa co Servizo de Prensa que por mail pasara de nós. A razón: o evento da Jaima no Campus Vida.

A cousa alí foi rápida, clara e concisa. A resposta: favorable, poñeríanse en contacto con nós para confirmar a asistencia dunha concelleira en representación do Concello á inauguración da Jaima (esto pasou o luns, o venres tiñamos a confirmación, e asistiu: Mar Martín).

Ó saír do concello, contentas coa nosa misión, tiñamos que iniciar a reunión propiamente para ir atando os últimos cabos para a gran actividade da Jaima. Estaba bo día, un brillante sol iluminaba Compostela deixando unha bonita estampa que os grupos de turistas e peregrinos completaban, así que, qué mellor sitio que a praza do Obradoiro? Dito e feito. Entre o sol e a sombra, sentámonos no medio e medio da praza, colocamos a nosa acampada e sacando de libreta e bolígrafo, cos móviles á vista por si se daban chamadas (comúns durante todos estes días) comezamos: había que mirar si se fixeran as tarefas encomendadas ata o momento e elaborar unha lista de cousas que quedaban ainda e a quen lle correspondería facelas.


De alí a un pouco decidimos ir tomar un café, pois ata as 12 que tiñamos clase ainda nos daba tempo, así que recollimos as cousas e decidimos buscar unha bonita terraza na zona vella compostelana, algo difícil, pois toda a zona é estupenda. Entre dúbidas nos atopábamos cando a inspiración chegou a Helena e propuxo: "si non vos importa andar un pouquiño coñezo un lugar cunha terraza que merece a pena, é nun xardín". Mirámonos entre nós e a resposta foi clara: si. Alá nos fomos.

Posiblemente algúns de vós coñezades o sitio: "hotel Costa Vella".

Estando nel, Xacobe (que non puido asistir á reunión por mor dunha dor de moas) chamounos.
Non nos cría que estivesemos reunidas nun hotel con xardín, jacuzzi, fonte, viña... Así que aquí están as probas:
A que vos entran ganas de facervos voluntarios do grupo de sensi???je pois adiante, que ademáis están ideadas algunhas viaxes de visita ao extranxeiro o ano que vén para ver futuros sensibilizadores expatriados!!jajajajaja e falando máis seriamente, sensi necesita voluntarios!!


bicos a todos!

"Unha Jaima Saharauí no Campus Vida Compstelá"

QUE? Acto de apertura da Jaima Saharauí, nal cal poderás descubrir máis sobre a cultura saharauí e a situación que Sahara Occidental está a vivir.

QUEN? A ONGD para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

CANDO? Os días 4, 5 e 6 de maio de 2010

ONDE? A Jaima estará situada no parque do Seminario de Estudos Galegos (Fronte a Facultade de Farmacia) en Santiago de Compostela.

PARA QUE? Para conectar coa xente e xerar un espazo de diálogo e transmisión de información crítica dando a coñecer a problemática do pobo saharaui. Para descubrir cos cinco sentidos os hábitos e costumes dos habitantes do Sáhara Occidental. Así, poderás saborear o té saharaui (té verde feito tres veces nunha dinámica de tranquilidade e sosego); tocar e probar as súas vestementas (como turbantes ou melfas, traxes de muller saharaui); e participar en xogos de mesa remodelados para concienciar ás persoas do Sáhara Occidental do uso da auga (como o parchís e oca saharauis). Pero, sobre todo, para coñecer un pouco máis dese rincón non tan lonxano, coa proxección de videos, documentais, música… e moito máis.

POR QUE?.Porque queremos deixar constancia da solidaridade co Pobo Saharauí e recoñecer os esforzos de dito pobo para manter a súa palabra tralo alto ao fogo de 1991. Queremos chamar a túa atención como cidadán español, xa que mantemos uns vínculos históricos, culturais e afectivos por ser potencia colonizadora que a instancias da ONU segue a ser así. Porque tmos a obriga moral de liderar un movemento civil que sexa capaz de presionar ao goberno español e á Comunidade Europea para forzar unha pronta solución xusta do conflicto do Sáhara Occidental.

COMO? Achegate nun momento que poidas e disfruta das actividades continuas que teremos: reflexións, degustación de té saharauí, xogos, encontros... A Jaima está aberta a todas aquelas persoas, organizacións non-gobernamentais, medios de comunicación, etc… interesadas en coñecer a situación do pobo Saharaui dende, a súa situación política actual ata as súas costumes.

A Jaima é un lugar para o encontro, encontrarasnos alí.

As actividades cun horario fixo son:

- Martes 4 de maio:
12:00h - Inauguración Oficial da Jaima coa participación de “Solidaridade Galega co Pobo Saharaui”.

20:00h – Obradioro de Henna: “Sisel”

- Mércores 5 de maio:
20:00h – Contacontos para adultos: “A tropa de trapo”.

- Xoves 6 de maio:
13:00h – Curso de Árabe Básico.

16:00h – Palestra de Santiago Jiménez. “Observatorio Institucional para o Sahara Ocidental da USC”


“Todo o que poidas facer ou soñar comézao. A osadía leva en sí xenio, poder e maxia” J. W. Goethe

Podemos confirmar que na Rolda de Prensa estarán ademáis de cargos de ESF, as concelleiras Mar Martín e Mercedes Rosón do Concello de Santiago, o actual Reitor da USC, Senén Barro, e o delegado saharauí para Galicia, Ahmedu Mojtar. Posiblemente tamén vai estar Santiago Jiménez, membro da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara.