ESF participa na comisión de incidencia da coordinadora de ONGD, e agora mesmo estamos embarcados en tratar de que os partidos políticos con representación galega no goberno asinen o Pacto Galego contra a Pobreza.
Para visibilizar isto se organizou a campaña 100 Km x 1 Pacto = Pobreza Cero, en coordinación coa campaña Pobreza Cero que se fai tódolos anos na Semana contra a Pobreza (na segunda semana de outubro). Para saber máis cousas tendes o blog da campaña, e podedes seguir tamén o día a día do que se vai argallando no facebook, pero por adiantarvos algo, trátase de facer o Camiño de Santiago dende Sarria reivindicando esa sinatura do Pacto.
Vémonos no Camiño?
24 sept 2010
23 sept 2010
VideoEntrevista: Inés Mera e a presidencia de ESF
Con esta videoentrevista iniciamos unha nova sección no blog, que pretendemos ampliar con novos videos a outros voluntarios da asociación. Para arrancar, contamos con Inés Mera, que nos falará sobre o cargo de presidencia en Enxeñería Sen Fronteiras.
Animádevos e enviádenos suxestións para novos videos!
21 sept 2010
ESF Galicia en Radio Voz
O pasado 21 de setembro de 2010 ESF Galicia foi convidada a participar no programa "Voces de Galicia" que a emisora Radio Voz realizou en directo dende a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña. Así pois, os voluntarios: Lorena Rodríguez, Iván Lago e Roi Carballido foron os encargados de falar un pouco de ESF Galicia.Ao principio da conversa foi necesario aclarar que en "Enxeñería Sen Fronteiras" non son só enxeñeiros, se non que forman parte da asociación xente de campos moi diversos, dende o xornalismo ou a psicoloxía, por exemplo; ata chegar á propia enxeñería.
Lorena Rodríguez, encargouse de comentar a súa experiencia como PCR en Nicaragua, comentou entre outras cousas que participou nun obradoiro de tartamento de lixo, Iván Lago, fixo referencia á parte que máis domina, a da xestión dos equipos informáticos, incidindo en temas como o acceso á liberdade da información e a súa repercusión nos países do Sur e por último, Roi Carballido, falou sobre o campo da Educación para o Desenvolvemento facendo especial fincapé na asignatura de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento que se imparte na Universidade da Coruña e na que ESF Galicia participa activamente na súa xestión e coordinación.Está claro que quedaron moitas cousas por dicir pero xa se sabe que o tempo nos medios de comunicación está moi medido, ademáis había que ceñirse ás preguntas concretas do entrevistador, sen embargo, os participantes consideramos moi positiva a experiencia de falar sobre ESF Galicia nos medios de comunicación e animamos a todos os voluntarios en xeral a que cando xurda unha ocasión similar, calquera voluntario se anime a participar para que non sempre sexa os mesmos os que falen en nome da asociación.
Aquí podedes escoitar a conversa:
Aproveito para recordarvos que podedes escoirar todas as entrevistas a membros de ESF Galicia e demáis audios interesantes recopilados na páxina de ESF Radio.
Por último, agradecer tanto a Radio Voz como aos membros da Universidade da Coruña encargados de xestionar a realización do programa na Escola de Camiños, por ter en conta a ESF Galicia e darnos esta oportunidade.
18 sept 2010
Un mundo desigual. Retos e perspectivas
A próxima semana, entre o 20 e o 24 de setembro, terá lugar o curso "Un mundo desigual, retos e perspectivas". Este curso, realizado co apoio da Universidade de Vigo, e a colaboración de poñentes de diversas entidades, trata un amplo abano de temas con un nexo común: as desigualdades sociais e económicas, tanto a nivel global como local, as súas causas e a búsqueda de solucións.
Así, por exemplo, Tom Kucharz (de Ecoloxistas en acción) acudirá a falar sobre as causas da crise, Ibrahima Niang (ex-presidente da Asociación para o Desenvolvemento Africano) dará a súa visión da inmigración, e Xosé Manoel Santos (director de Altermundo) nos contará que é o ciberactivismo e a súa utilidade. Isto só por citar algunhas das charlas, pero por suposto tamén se falará da Axuda Oficial ao Desenvolvemento, do Cuarto Mundo e das realidades dos países do sur. Ademáis, realizaranse dinámicas de grupo e debates.
O programa polo miúdo do curso se pode consultar aquí. Calquera puede asistir como oínte e participar no curso de balde, aínda que se desexa obter o diploma de certificación débese facer aa matrícula oficial a través da secretaría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.
8 sept 2010
Curso de Verán. Auga, cooperación e medioambiente
A charla de ESF sobre "Enfoque medioambiental na xestión da auga os programas internacionais de cooperación ao desenvolvemento" se desenvolveu sen novidade hoxe ante unhas 30 persoas dentro do curso de verán da USC e Mans Unidas "Contra a fame, defende a terra".
Foron 35 minutos da nosa charla, e posteriormente unha mesa redonda cos poñentes de todo o día coa Conferencia de Copenhague como tema central, aínda que se falou de moitas máis cousas (destacando a participación da sociedade civil como elemento transformador e de incidencia política, e o tratar de compatibilizar os enfoques comunitarios ou de movementos de base cos máis institucionais a nivel estatal ou global).
Na nosa charla contamos un conto sobre certo pobo onde chegaron uns motores para aproveitar a escasa auga do río na época seca e como o que para os habitantes dese pobo foi un avance (podían regar) converteuse nun problema para os pobos de augas abaixo... Despois falamos de dúas ferramentas que se empregan en ESF para introducir o enfoque medioambiental na xestión do recurso hídrico:
- Os Plans de Xestión Integral do Recurso Hídrico
- Os Plans de Manexo de Finca
Xa na mesa redonda, dende a postura das ONGD, recalcamos que respecto ao cambio climático temos especial preocupación neste eido tanto pola falta de propostas e referencias para a adaptación ao cambio climático das poboacións máis vulnerables (algo que mencionara tamén o profesor Díaz Fierros dende un punto de vista científico) e específicamente no enfoque dos programas de desenvolvemento. Esta publicación de Greenpeace e a Coordinadora Estatal de ONGD, ou algunha de INTERMON son das poucas que hai en castelán sobre o tema. O outro tema sobre o que chamamos a atención e mostramos a nosa preocupación foi sobre os mecanismos concretos que se están empregando para a reducción das emisións en cumprimento do protocolo de Kioto, en especial sobre os Créditos de Carbono e os Mecanismos de Desenvolvemento Limpo, que se están a usar por moitas empresas e países do norte para manter as emisións sustituíndoos por presuntos programas de fixación de carbono sobre todo en países empobrecidos (e por enriba vendéndoos como "axuda ao desenvolvemento"). Hai unha publicación moi recomendable sobre o tema cunha segunda parte, de INTERMON en colaboración coa UPM.

6 sept 2010
Para cargar as pilas!!!
Como parece que gustou o vídeo [1] que se mandou a lista xeral, deixoo aqui para cando sexa necesario recordar porque estamos facendo o que facemos, que todos temos os nosos momentos e as veces é necesario cargar as pilas.
Un novo curso empeza!!!! qué emoción!!! nova xente, novas actividades, o reencontro ca xente de sempre e o recordo dos que agora xa non están.. Os tempos non son os mellores, si, pero non nos demos por vencidos!!!!
[1] http://www.youtube.com/watch?v=fZMhqTs28lY
"El mundo está en manos de aquellos que tienen el coraje de soñar y de correr el riesgo de vivir sus sueños"
Un novo curso empeza!!!! qué emoción!!! nova xente, novas actividades, o reencontro ca xente de sempre e o recordo dos que agora xa non están.. Os tempos non son os mellores, si, pero non nos demos por vencidos!!!!
[1] http://www.youtube.com/watch?
"El mundo está en manos de aquellos que tienen el coraje de soñar y de correr el riesgo de vivir sus sueños"
3 sept 2010
Campaña "YO reconozco a la RASD". (fotos)
Recordades a Campaña que ISF Asturias está levando a cabo para apoiar á RASD?? A de sacarse unha foto co cartel??
http://esfsahara.blogspot.com/2010/03/campana-yo-reconozco-la-rasd.html
O grupo de Sensibilización - Compos estivo promovendo a súa campaña dentro das nosas actividades durante o pasado curso, entre elas o curso que EpD realiza en Compos.
Decirvos que as fotos xa están subidas no albúm que ISF Asturias ten no seu blog. Podedes pasar a vervos todos os que a fixestes!!
Tan só clicade no enlace que indico arriba e logo onde pon "albúm".
(a partir da páx 9 están as do curso, ainda que hai ESFeros que a mandaron individualmente e están en outras páxinas!)
GRACIAS

1 sept 2010
Algo máis que un resumo blogueiro mensual: agosto 2010
CONTIDOS
- Blog de Vida Asociativa
- Blog Nicaragua
- Blog Honduras
- Blog asignatura de cooperación da UDC
- Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
- Outros blogs ISFeros
- Outros enlaces de interese
- Novas publicacións en papel
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOG DE VIDA ASOCIATIVA
En agosto a cousa estivo tranquila, como reflexo do período vacacional, se ben a "máquina" nunca para, e puidemos felicitarnos de ter superado a auditoría de contas por terceiro ano consecutivo, así como coñecer un resumo do mellor e peor valorado no curso de tecnoloxía e cooperación de Santiago, xa con certa perspectiva tralo seu remate.
BLOG NICARAGUA
Neste mes, coa presenza no terreo de Maruxa e Roberto, participantes no Programa de Coñecemento da Realidade de ESF, tivemos varias crónicas interesantes sobre as súas vivencias nas comunidades onde se traballa co noso socio local FIDER (Fundación para a Investigación e o Desenvolvemento Rural). Ademais hai unha interesante entrevista a Byrian Miranda, coordinadora de programas de FIDER, e un recordo emocionado para un dos beneficiarios que nos deixou...BLOG HONDURAS
No mes de agosto houbo gran actividade no blogue de Honduras, con Dinorah e Sabela, participantes no Programa de Coñecemento da Realidade, igual que en Nicaragua. Presentáronos a súa casa, as súas vivencias en Marcovia e nas comunidades, a oficina de ESF en San Lorenzo, pero tamén houbo tempo para falar cousas sobre os proxectos como as capacitacións de xénero ou as de gvSIG.
BLOG ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC
Nunhas merecidas vacacións, non deixedes de consultar este blog se andades á busca de enlaces e referencias interesantes a vídeos, libros, etc.OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA
- DESTACADO. Páxina de Facebook de ESF Galicia. Creada o 24 de xullo e conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información.
- Wiki de ESF Galicia. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
- Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
- Slideshare ESF Galicia. Creado en maio, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
- Blog de Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación para despois do verán en Vigo.
- Blog de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya.
- Grupo de Facebook de ESF Galicia.
- Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
- Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
OUTROS BLOGS ISFEROS
- Proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- ISF Geominas, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingenieros de Minas de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad Real.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil.
- Twitter de ISF Asturias.
- Twitter de ISF ApD
- Grupo de Facebook de ISF.
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Auga
Fondo Español de Cooperación para Agua y Saneamiento en América Latina y el CaribeDESTACADO. Vídeo. Abuela Grillo.
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Siete pistas para evitar los flamesConsumo responsable
Guía de ahorro de agua y energía en el hogarO Desenvolvemento comeza por un Consumo Responsable. Guía para ONGD
Cooperación e ONGD
Cómo sanar la esquizofrenia organizacionalEl desarrollo no puede ser limosna
Cuidado con la solidaridad
Educación para o desenvolvemento
Vídeo. A escola mata a creatividade (inglés con subtítulos)Iniciativas
Pacto en la empresa por el RamadánExpresa.la. Ideas sobre el derecho en latinoamérica
¿Todavía no le has puesto música al desarrollo?
Investigación para o desenvolvemento
Journal of Water and Climate ChangeJournal of Water, Sanitation and Hygiene for Development
Mundo
Vidas sin presente. BangladeshPor qué una ONG como MSF puede abandonar un país como Birmania
India reabre el caso de Bhopal
Políticas e modelos de desenvolvemento
El bluff del lobby nuclearSensibilización
El infierno de Shell en el delta del NígerVictoria de la comunidad Avaaz contra la corrupción en Brasil
Vídeo. Motivación para seguir.
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Boletín Derecho a la alimentación. AGOSTO.800 barcos europeos y asiáticos esquilman de forma ilegal los caladeros de Somalia (moitos deles galegos)
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Diez razones por las qué sus hijos e hijas deberían utilizar GNU/LinuxAlerta!//@ #: Alertando y siendo alertadas
Estaciones de telefonía móvil libres y con alimentación solar
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
5 argumentos contra la captura y almacenamiento de carbono (CCS)
Vídeo. Bicimáquinas, tecnología ciudadana para los más diversos usos
Voluntariado
Neurovoluntariado: ¿nos podemos ejercitar para ser más solidarios?
La crisis castiga aún más a un voluntariado español en declive
La pirámide del compromiso
Vídeo. Bicimáquinas, tecnología ciudadana para los más diversos usos
Voluntariado
Neurovoluntariado: ¿nos podemos ejercitar para ser más solidarios?La crisis castiga aún más a un voluntariado español en declive
La pirámide del compromiso
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).- Memoria de Actividades 2009. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
- Semana Galega de Mobilización contra a Pobreza 2009. Campaña Pobreza Cero. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
- Cadernos da Coordinadora. 14. Eficacia da axuda e sociedade civil. Declaración de París sobre Eficacia da Axuda. Axenda de Acción de Accra. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
- Guía para la aplicación del Modelo EFQM de Excelencia en entidades de acción social. Fundación Luis Vives.
- Más de cien consultas frecuentes de las ONL. Fundación Luis Vives.
- Guía del régimen fiscal de Entidades sin Fines Lucrativos y de los incentivos fiscales del mecenazgo. Fundación Luis Vives.
- Claves para la Gestión del Voluntariado en las ENL. Fundación Luis Vives.
- Claves para la Gestión de personas en Entidades no Lucrativas. Fundación Luis Vives.
- Informe 2009 da Cooperación Galega. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Xunta de Galicia.
- Memoria de Actividades 2009 da Federación Española de Ingeniería Sen Fronteras. 15 años compartiendo experiencias.
E NO PRÓXIMO MES ...
8 de setembro, 18:15. ESF Galicia participa nunha mesa redonda dentro do curso de verán CONTRA A FAME, DEFENDE A TERRA
8 de setembro: Día do Cooperante
8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización
15 de setembro: Día Internacional da Democracia (pero de la de verdad)
18 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Libedade de Software
21 de setembro: Día Internacional da Paz
22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles
28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública
A ESF-RASE DO MES
Declara o dereito ao auga potable e ao saneamento como un dereito humano esencial para o pleno disfrute da vida e de todos os dereitos humanos. Asamblea Xeral da ONU, 28 de xullo 2010.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)