A charla de ESF sobre "
Enfoque medioambiental na xestión da auga os  programas internacionais de cooperación ao desenvolvemento" se  desenvolveu sen novidade hoxe ante unhas 30 persoas dentro do curso de verán  da USC e 
Mans Unidas "
Contra a fame, defende a terra". 
Foron 35 minutos da nosa charla, e posteriormente unha mesa redonda cos  poñentes de todo o día coa Conferencia de Copenhague como tema central,  aínda que se falou de moitas máis cousas (destacando a 
participación da  sociedade civil como elemento transformador e de incidencia política, e o  tratar de 
compatibilizar os enfoques comunitarios ou de movementos de  base cos máis institucionais a nivel estatal ou global).
Na nosa charla contamos un conto sobre certo pobo onde chegaron uns motores para aproveitar a escasa auga do río na época seca e como o que para os habitantes dese pobo foi un avance (podían regar) converteuse nun problema para os pobos de augas abaixo... Despois falamos de dúas ferramentas que se empregan en ESF para introducir o enfoque medioambiental na xestión do recurso hídrico:
- Os 
Plans de Xestión Integral do Recurso Hídrico
- Os 
Plans de Manexo de Finca
Xa na mesa redonda, dende a postura  das ONGD, recalcamos que respecto ao cambio climático temos especial  preocupación neste eido tanto pola 
falta de propostas e referencias para  a adaptación ao cambio climático das poboacións máis vulnerables (algo  que mencionara tamén o profesor Díaz Fierros dende un punto de vista  científico) e específicamente no enfoque dos programas de  desenvolvemento. 
Esta publicación de Greenpeace e a Coordinadora Estatal de ONGD, ou 
algunha  de INTERMON son das poucas que hai en castelán sobre o tema. O outro  tema sobre o que chamamos a atención e mostramos a nosa preocupación foi  sobre os mecanismos concretos que se están empregando para a reducción  das emisións en cumprimento do protocolo de Kioto, en especial sobre os  Créditos de Carbono e os 
Mecanismos de Desenvolvemento Limpo, que  se están a usar por moitas empresas e países do norte para manter as  emisións sustituíndoos por presuntos programas de fixación de carbono  sobre todo en países empobrecidos (e por enriba vendéndoos como "axuda  ao desenvolvemento"). Hai unha 
publicación moi recomendable sobre o tema cunha 
segunda parte, de INTERMON en colaboración coa UPM.