No grupo de proxectos de temática Agro-Desenvolvemento Rural de ESF acordamos hai unhas semanas, para fortalecer ao grupo e formarnos en
diversas temáticas, e mellorar e pasalo ben..., facer de cando en vez
unha das reunións do grupo máis completa. ¿Como? Pois con reunións
presenciais máis longas, con visitas e actividades de autoformación,
debates e similares. A idea é aprender, coñecérmonos mellor, e desfrutar do voluntariado en ESF.
A primeira destas reunións temáticas, será este
sábado 28 de febreiro en Lugo, sobre a temática de "Acceso á Terra". Trataremos así temas básicos de tenencia da terra, situación en Galicia / Europa e en Centroamérica, reformas agrarias, e realizaremos algunha visita a proxectos relacionados coa temática no entorno de Lugo.
O programa previsto será o seguinte:
Pola mañá:
- Pausa café.
-
Fortalecemento do grupo en materia de Acceso á terra: cuestións
básicas, situación do acceso en Galicia / Europa, e en CentroAmérica.
Reformas Agrarias. Debate.
Pola tarde:
- Visitas no entorno de Lugo a
proxectos relacionados coa tenencia.
Así que vos confirmo:
Sábado 28 de febreiro, reunión presencial do grupo Agro en Lugo.Será todo o día do sábado, incluíndo reunión de grupo e actividades de fortalecemento do grupo en materia de "ACCESO Á TERRA".
Quen se queira apuntar a vir, pode facelo avisando antes ao mail: info@galicia.isf.es. Canto antes mellor, pola loxística.Sábado 28 de febreiro, reunión presencial do grupo Agro en Lugo.Será todo o día do sábado, incluíndo reunión de grupo e actividades de fortalecemento do grupo en materia de "ACCESO Á TERRA".
No hay comentarios:
Publicar un comentario