25 feb 2015

Grupo Agro: Xornada de AUTOAPRENDIZAXE

No grupo de proxectos de temática Agro-Desenvolvemento Rural de ESF acordamos hai unhas semanas, para fortalecer ao grupo e formarnos en diversas temáticas, e mellorar e pasalo ben..., facer de cando en vez unha das reunións do grupo máis completa. ¿Como? Pois con reunións presenciais máis longas, con visitas e actividades de autoformación, debates e similares. A idea é aprender, coñecérmonos mellor, e desfrutar do voluntariado en ESF.
 
A primeira destas reunións temáticas, será este sábado 28 de febreiro en Lugo, sobre a temática de "Acceso á Terra". Trataremos así temas básicos de tenencia da terra, situación en Galicia / Europa e en Centroamérica, reformas agrarias, e realizaremos algunha visita a proxectos relacionados coa temática no entorno de Lugo.

O programa previsto será o seguinte:

Pola mañá:
- Reunión de grupo. Haberá que tratar temas de xustificacións, formulacións, reunións con Coddeffagolf, asesores sectoriais, e PCR's, alomenos.
- Pausa café.
- Fortalecemento do grupo en materia de Acceso á terra: cuestións básicas, situación do acceso en Galicia / Europa, e en CentroAmérica. Reformas Agrarias. Debate.
 
Pola tarde:
-  Visitas no entorno de Lugo a proxectos relacionados coa tenencia.
 
 
Así que vos confirmo:

Sábado 28 de febreiro, reunión presencial do grupo Agro en Lugo.Será todo o día do sábado, incluíndo reunión de grupo e actividades de fortalecemento do grupo en materia de "ACCESO Á TERRA".
Quen se queira apuntar a vir, pode facelo avisando antes ao mail: info@galicia.isf.es. Canto antes mellor, pola loxística.

No hay comentarios: