CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións
en físico
- E no próximo mes ...
- A
ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA
ASOCIATIVA
Este mes podes
atopar a evaluación
da Cósmica
do pasado decembro en Allariz (Ourense): con graficas onde
se reflicten
opinions do voluntariado participante sobre a preparación da
mesma, o ambiente
xerado, os obradoiros realizados e outros comentarios. Tamen
unha crónica
da
visita de tres pescadoras tradicionais
centroamericanas á reserva
mariña dos
Miñarzos (A Coruña) coa cooperativa O Canto da Balea
dentro do proxecto de
investigacion de pesca sustentable de ESF e Amigos
da
Terra financiado pola Cooperacion Galega da Xunta de Galicia. Por outra
banda, preséntase o calendario
da materia Cooperacion
para
o Desenvolvemento na Enxeñaría Civil que se imparte na
Escola de Camiños de
Coruña coa colaboracion de ESF e profesionais de diferentes
sectores con
experiencia en multiculturalidade, proxectos, axuda
humanitaria, economía...
Continuando coa diversidade de contidos, publicouse unha carta
sobre
etnomedicina onde se describe con numerosos exemplos a
utilidade da
antropoloxia aplicada para mellorar a resposta ante as
necesidades dunha
poboacion. Para finalizar, a invitacion por parte do grupo
de
desenvolvemento rural á xornada
de
autoaprendizaxe sobre o acceso á terra que tivo lugar
o sabado 28 en
Lugo.BLOGUE HONDURAS
Noutro lado do
océano actualizamos co estado dos proxectos máis recentes:
-
Seguemento
do proxecto en curso de fortalecemento
a
traves da xestion integrada dos recursos hidricos
coa Mancomunidade
NASMAR (7 municipios do sur de Honduras) e financiado polo
Fondo Galego de
Cooperacion.
-
Seguemento
anual do proxecto
de
auga en San Jose de las Conchas (municipio de
Marcovia), finalizado no
2013 e financiado pola Cooperacion Galega da Xunta de
Galicia para coñecer o impacto da instalacion
dos contadores de auga.
- Peche
do
proxecto
de
soberania alimentaria na microbacia do rio Laure
(municipios de de San Lorenzo e Nacaome), finalizado en
decembro de 2014 e financiado pola Cooperacion Galega da Xunta de Galicia.
En canto as
actividades realizadas en Galicia, fíxose unha formacion
previa para as persoas candidatas ao programa
PCR 2015.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Observatorio dos medios galegos
- Notas de la lectura de “Wikipedia de la A a la W”
- Buenos tiempos para el periodismo, malos tiempos para sus sucedáneos
Consumo responsable
- ¡Mentira podrida!
- Amigos de la Tierra insta a avanzar hacia un modelo basado en la Energía Comunitaria
- Documental. Coltán Comercio Sangriento. Sangre en Nuestra Tecnología 54min 19seg
Cooperación e ONGD
-
Desmontando la arquitectura de la ayuda
¿Desprecia la izquierda a las ONG que luchan contra la pobreza?
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Gates Foundation is too big to ignore the politics of poverty
- O 26% da cidadanía do Estado cre que se deberían incrementar as axudas aos países empobrecidos por riba do prometido
- Se busca 99% para cambiar el sistema
- Podcast do programa Carne Cruda Radio. TTIP, el pacto secreto entre la UE y EEUU
Sensibilización
- Pronunciamiento de la CONROA contra el Banco Mundial y sus políticas extractivistas en Honduras
- Campaña de recaudación de fondos para poder organizar as xornadas Recuperar soberanía, desarmar o TTIP
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Así se montan las redes de 'bots' que avergüenzan a los políticos en Twitter (cuando les pillan). Tecnoloxías para engañar...
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Cuando el débil protagoniza el videojuego y la empatía es tu única recompensa
- Science and technology studies Wiki
Voluntariado e Persoas
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Más allá de la ayuda. Coherencia de políticas económicas para el desarrollo. Real Instituto Elcano.
E
NO PRÓXIMO MES ...
- 3 de marzal: Día Mundial da Natureza
- 5 de marzal: Día Mundial da Eficiencia Enerxética
- 6, 13 e 27 de marzal: relatorios na materia de Introdución á Cooperación na Enxeñería Civil, da Universidade da Coruña, onde ESF Galicia participa como co-organizadora
- 8 de marzal: Día Internacional da Muller
- 16 de marzal: remata o prazo para matricularse nos cursos en liña de Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras (proxectos de cooperación; voluntariado; Sistemas de Información Xeográfica e Cooperación)
- 14 de marzal: Día Internacional de Acción contra as represas e polos ríos, o auga e a vida
- 15 de marzal: Día dos Dereitos do Consumidor
- 21 de marzal: Día Forestal Mundial e Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
- 22 de marzal: Día Mundial do Auga (faremos neses días unhas interesantes xornadas en A Coruña das que pronto haberá máis detalles)
- 29 de marzal: A Hora da Terra
- 18 e 19 de abril: Xuntanza da base social de Enxeñería Sen
Fronteiras en Santiago de Compostela
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
Na
loita contra o ruido está en xogo a tranquilidade dos nosos nervios,
na loita contra i silencio, a vida humana. Ninguén xustifica nin
defende ao que fai moito ruído, en cambio, aquel que no seu país
impón o silencio sempre está protexido por un aparato de represión.
Ryszard Kapuscinski (Cristo con un fusil al hombro)
Ryszard Kapuscinski (Cristo con un fusil al hombro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario