Enxeñería sen Fronteiras (ESF) organiza por terceiro ano consecutivo o curso Un mundo desigual. Retos e perspectivas. Este curso está enmarcado dentro da programación do Vicerreitorado de Extensión Cultural da Universidade de Vigo para o ano 2008.
O obxectivo do curso é acadar unha comprensión global da situación de desigualdade existente no mundo. Para isto expertos de distintos sectores, profesores universitarios, membros de ONG e de colectivos sociais analizarán os motivos do subdesenvolvemento. O curso comeza analizando as causas históricas que xeraron unha situación de empobrecemento para a maioría da poboación do planeta. A partir de aquí continúase describindo as políticas oficiais de axuda ao desenvolvemento e formúlase se algunhas de estas non contribúen a perpetuar a situación. O terceiro día búscase achegar a realidade dos países do sur con oradores que estiveron como cooperantes no terreo. Por último, expóñense as consecuencias que todo isto trae sobre os países do Norte e as posibles vías de solución que hai.
Data límite de inscripción oficial: 19 de xuño
Data límite de inscripción excepcional: 24 de xuño
No hay comentarios:
Publicar un comentario