Esta actividade é organizada pola asociación ecoloxista Adega e quere por en valor de tódalas persoas que forman parte dela os seguintes obxectivos:
- Achegar a poboación ao entorno natural.
- Concienciar da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente.
- Traballar para mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais.
- Estimular e potenciar a participación cidadá na conservación do patrimonio natural.
- Establecer unha rede cidadá activa na protección dos ríos, que permita coñecer o seu estado de saúde e previr e solucionar os problemas.
Pero realmente o proxecto ríos consiste na adopción dun treito dun río ao cal se lle fará un pequeno estudo da análise das augas, da flora e fauna do bosque de ribeira, ou das construcións que poida haber ao longo da ribeira, para despois facer un pequeno informe que se publicará o final de ano, xunto co resto de adopcións dos distintos grupos.
De novo volvemos a facer esta actividade en Compostela este vindeiro domingo 31 de maio no río Tambre, esperando que todo o mundo que poida se achegue para participar, traendo só ganas de coñecer un pouco máis da natureza que nos rodea.
Jose Rios
2 comentarios:
E que saibades que despois de ir ao río imos comer a plaia fluvial de Chaian...fanvos unha empanadas?? ;-)
snif!!eu non vou!!!!!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario