Contou co inestimable asesoramento de Tsao, presidente do GPUL, cos que temos en marcha a firma dun convenio. Nunca vira a alguén facerlle unha foto a un microprocesador antes de coñecelo...
4 jun 2009
LECCIÓNS DE REUTILIZACIÓN: O GSI
Para quen non o saiba, o GSI é o Grupo de Sistemas de Información, e se na Universidade de A Coruña deran medallas pola reutilización de materiais, eles serían os gañadores sen dúbida. Nas derradeiras semanas, o GSI da sede de Coruña, ademais de organizar un curso de iniciación ao software libre, converteu o local nunha especie de "caverna electrónica", onde en calquer momento podería aparecer tanto A Bruxa Avería como Terminator. Tratábase de "volver á vida" a unha serie de ordenadores aproveitando para iso pezas doutros que ían ser desbotados pola universidade e que nos cederon, creando unhas "supermáquinas" (bueno, ou polo menos mellor que o que había ;-D). Pero é mellor que o vexades...(e iso que cando fixemos as fotos xa se podía camiñar polo local)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
aihsss aí vin o meu antigo ordenata!!! sodes uns xenios!!
Publicar un comentario