21 oct 2009

Presentacións de ESF en Compostela (I): Bioloxía

O pasado xoves 15 de outubro tuvemos a primeira presentación de ESF na Facultade de Bioloxía. Tal e como tiñamos pensado, comenzamos ca dinámica de espazos de comodidade (amenizada ca canción de "tranquilo majete" de Celtas cortos), tras a cal demos pasao a introducción sobre o significado do voluntariado (por qué unha persoa é voluntaria, para qué, onde, cómo) e finalmente veu o apartado máis interesante, o das experiencias persoais.

Sabela do grupo Agro e Rios de EpD foron os representantes de ESF, pero tamén estaban Alicia e Alba de Intered, Paula de Verdegaia e Maria José de Adega. Cada un expuxo a súa propia visión do voluntariado a través da súa experiencia persoal, que como no caso de Alicia podía ser moi interesante o ter percorrido varias ONG's e plataformas, e daba unha visión máis xeneralista.. ou o caso de Mª José, que agora é contratada na mesma organización onde foi voluntaria, ou Paula unha socia activa, como prefire chamarse.

A pesar de que asistencia foi moi escasa, só 1 persoa, aproveitamos para convertilo nun espazo de reflexión sobre a diminución da repercusión dos movementos sociais en Galicia, para preguntar o que pasa noutras cidades como Madrid, de onde acaban de regresar Alba e Alicia, e intentar vislumbrar cales son as alternativas.


De esquerda a dereita: Paula de Verdegaia, Alicia de Intered e MªJosé de Adega.


A conclusión foi clara, o traballo en rede, que agora mesmo aínda está a gromar en Galicia, é clave. Sinerxia, sinerxia, sinerxia!!!

(Video da dinámica Espazos de comodidade)


2 comentarios:

Sergio dijo...

Jajaja, mola a dinámica en vídeo, aínda que en directo gaña moito

Sabela dijo...

Mola la entrada y el video lo que más ;)