25 oct. 2009

Presentacións de ESF en Compostela (II): Económicas e Residencia Monte da Condesa



Esta semana tocou as presentacións na Facultade de Empresas e Económicas e na Residencia Universitaria Monte da Condesa. Intentamos que se implicara máis xente, e polo menos con ESF conseguímolo, e como sempre, esta diversidade trouxo riqueza. Pero imos ir por partes:



O martes, 20 de outubro, realizamos a presentación en Económicas. Grazas a colaboración da USC conseguimos que nos colgaran os carteis en sitios estratéxicos aínda que eso non trouxo moito público, desafortunadamente. Desta vez, só puidemos contar con Alicia e Alba de Intered e por ESF, achegáronnos as súas experiencias Cristina do Grupo Agro e Adela de Educación para o Desenvolvemento (EpD).









(Alba e Alicia de Intered, Critina de ESF)

O xoves 22, tocoulle a residencia Monte da Condesa, seguimos sen convocar moita xente pero tuvemos o aliciente de que Rios innovou cunha estelar representación da súa propia adaptación da dinámica de espazos de comodidade, con "atrezzo" e todo. E colleulle o testigo Adela para dar a parte introductoria. As experiencias persoais foron a cargo de Diego, voluntario do Proxecto Rios de Adega (ademais de outras ONG's como Axuda en Acción e Coopera), as nosas infalibles Alba e Alicia de Intered.

Agora, só queda a presentación na ETSE, onde esperamos contar con outras ONG's, facer novas cousas,... pero deso xa daremos conta no blog...

(Arriba, Diego de Adega. Abaixo Rios de ESF)

3 comentarios:

Sergio dijo...

Ríos, mólame o modelito!!! Moito ánimo, o estades facendo moi ben!

Sabela dijo...

Qué buena la dinámica con la bata, jeje. Tenemos que tomar ideas para hacer en Coruña :)

Sunderlandz24 dijo...

Hola
Pasé por tu blog sólo para decir que es realmente un blog muy informativo, con diversas variedades y, sin duda, tiene un excelente blog ... Mi blog es todavía joven y debe ser divulgada y para que debo esforzarme lo suficiente.
Felicitaciones por su buen trabajo.
buena suerte mi amigo:)