3 dic 2009

Primeira Formación Interna na sede compostelán: Dinámica

Onte tivo lugar a primeira formación interna deste novo curso na sede de Compostelán, especialmente enfocada a xente que se acaba de incorporar a esta nosa asociación. Unha das primeiras cousas que deberían facer sería conocer certos termos asociados a ESF, para ilos interiorizando dado que forman parte da nosa misión, dos nosos principios, de como funcionamos, do que facemos, etc.. E, en vez de dar unha charla o que se fixo foi unha dinámica moi sinxela, partindo dunha lista de conceptos para que os membros máis veteranos intentaron transmitir o que significaban....


__ FEDERACION _ _ _ _ XUNTANZA _ _ DESENVOLVEMENTO HUMANO

.

_APARTIDISTA _ _ _ SENSIBILIZACION _ _ TECNOLOXÍA (TpDH)_
.

_ _ VOLUNTARIADO _ _ _ BLOG _ _ INCIDENCIA POLÍTICA _ _ _ _ _ _

.

_ _ _ EDUCACIÓN (EpD) _ __ _ VERTEBRACION _ _ _ _ _ COOPERACION

.

PROXECTO_ _ _ _ _ COSMICA_ _ _ _ _ _ SEDE _ _ _ _ INVESTIGACION
.


_ _ G.S.I. _ _ _ _ CAMPAÑA _ - _ _ PARTICIPACIÓN - _ _ _ G.A.T. _ _ _




E como todo "xogo" tiña unhas regras:
- A palabra explicarase a través de mímica
- Pódense emitir sons pero non falar
- Non se pode indicar o nº de sílabas que contén a palabra que se vai representar
- Se ao cabo de 2 min non se adiviñou a palabra, poderá recorrerse a debuxar
- Se ao cabo de outros 2 min non se adiviñou a palabra, pasarase a coller outra...

Ademais había certas palabras que servían para explicar outros termos relacionados. Por exemplo: cando dis que ESF é apartidista explicábase a diferenza con político e xa de paso cal era outro dos nosos principios a aconfesionalidade.

As risas están aseguradas, asi que qué mellor que aprender divertíndose!

Grupo voluntariado ESF Compos

2 comentarios:

Sabela dijo...

Qué guay!!! Creo que os vamos a copiar esa super dinámica ;)

Sergio dijo...

Qué ben o pasades, carallo! A formación interna é un piar clave, felicidades polo que volo currades en Santiago.