1 dic. 2009

RESUMO BLOGUEIRO MENSUAL: NOVEMBRO

CONTIDOS


-Blog Corporativo
-Blog Nicaragua
-Blog Honduras
-Outros blog en activo de ESF Galicia
-Outros blogs ISFeros
-Outros enlaces de interese
-Novas publicacións en papel
-E no próximo mes ...
-A ESFrase do mes

BLOG CORPORATIVO

O mes de novembro veu cargadiño de actividades, destacando ante todo o comunicado asinado pola Coordinadora galega de ONGD (á que ESF Galicia tamén pertence), no cual manifestase a decepción coa partida de cooperación ao desenvolvemento  que recolle o Anteproxecto de Lei de Orzamentos 2010 da Xunta de Galicia.

Ademais, neste mes continuaronse as presentacións de inicio de curso en Compostela, Coruña e comezaron tamén en Lugo. Comunicase tamén o gran traballo realizado pola Comisión de Financiación: a elaboración da planificación orzamentaria, esta vez empregando novas ferramentas ofimáticas, así como as actividades que o grupo de voluntariado de Coruña realizou nos últimos 2 meses. Atopamos tamén o programa da Xuntanza e a Orde do día da Asemblea Xeral de Socios, que se celebraron en Vigo o pasado 14 e 15 de Novembro, e algunhas entradas sobre a formación de traballo en grupo, así como as dinámicas levadas a cabo na devandita formación, impartida na Xuntanza.

Outra Asemblea que se celebrou foi a Asamblea Xeral da Coordinadora galeda de ONGD o pasado 21 de Novembro en Santiago, na cal ESF estivo alí como membro activo da coordinadora.

E como novidades a destacar:
- a creación de “fala connosco”, unha nova ferramenta de comunicación dentro da web de ESF Galicia coa cal un pódese conectar á canle de esfgalicia a través do chat de IRC
- a participación de ESF Galicia dentro do Master en Xestión da Cooperación Internacional e das ONG da USC a través da sesión: “Tecnoloxías para o desenvolvemento humano: ferramentas para o cambio” co obxectivo de dar a coñecer aos asistentes o concepto de TpDH e o traballo que ESF está a facer.
- a intención de traballar en red con Arquitectos Sin Fronteras nalgunha actividade ou campaña.

E xa por último, unha emotiva entrada de José Ríos sobre o 5º aniversario de ESF en Compostela, outras duas entradas superinteresantes (e útiles para o novo grupo Economías Alternativas de ESF) acerca do proxecto do escritor, editor e profesor Carlos Taibo sobre as bases teóricas e filosóficas do decrecimiento, e xa outra tratando o día Mundial contra o maltrato da muller e pola igualdade.



BLOG NICARAGUA

Un mes máis Anxo e Cristina, os participantes no Programa de Coñecemento da Realidade de ESF en Nicaragua, estiveron visitando as comunidades para facer seguemento do programa. Comprobaron que a poboación beneficiaria construira barreras vivas para impedir a erosión do solo coa valeriana que se lles entregou, axudaron na construcción das galeras para as cerdas, asistiron á entrega das primeiras 20 chanchitas… Nos informan tamén de que se deu unha capacitación sobre manexo de chanchos pese a que non estaba orzamentada, pero viuse necesaria.
E todo esto acompañado dunha ampla reportaxe fotográfica, con momentos de ocio incluidos por León, Ometepe…

Tamén está disponible no blog o documento de Avaliación externa da Primeira Fase do Programa.



BLOG HONDURAS


En novembro, ademais dos resúmenes semanais das noticias sobre a situación política do país (e a crónica das eleccións do pasado 29 de novembro), aparecen algunhas entradas interesantes como o próximo peche da Fase I do proxecto en colaboración co Cartolab en Honduras e a difusión deste proxecto nas xornadas de gvSIG que se celebrarán en Valencia o próximo mes.
Outro proxecto que está por finalizar é o de abastecemento de auga en La Majada, financiado pola Diputación de A Coruña, tras a instalación da bomba eléctrica para impulsar o auga ao tanque de distribución.



OUTROS BLOGS EN ACTIVO DE ESF GALICIA

- Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e quen sabe se algunha cousa máis...
- Proxectos de El Salvador , co final dos proxectos de ESF Galicia nese país xa vai usándose menos, pero seguimos co vencello a ese país que tanto nos aportou.
- Asignatura de Cooperación da UDC, con comentarios sobre as clases e material que empregan nelas. Se buscades referencias bibliográficas, películas, etc. este é o voso lugar. Tralas vacacións, comenzarán en breve a preparar o novo curso (a asignatura é do segundo cuatrimestre, así que estades a tempo de matricularvos, ou se non sempre podedes asistir de oíntes...).



OUTROS BLOGS ISFEROS


- proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad REal.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil.
- Twitter de ISF Asturias.
- Twitter de ISF ApD




OUTROS ENLACES DE INTERESE

Fiasco del Banco Mundial con la venta de bonos de carbono AMBIENTE
Nova publicación sobre mudanza climática e sistema alimentar  DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIO
En la lucha contra la ablación se están violando otros derechos humanos DEREITOS HUMANOS
Nuevos avances en DESERTEC. ENERXÍA E  TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO.
Soberanía alimentar en Somalia. SOBERANÍA ALIMENTAR, FILOSOFÍA.
Autoxestión, orzamentos participativos no concello de Ferrol. INICIATIVAS
Ecuador derogó patentes. TRANSNACIONAIS
Cualquier plan de biocarburantes agravará las emisiones de carbono.  ENERXÍA, DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIO.
La triple brecha. (cais son as nosas?). COMUNICACIÓN
Problemas sanitarios en las especies forestales gallegas (¿polo cambio climático?). AMBIENTE
VIDEO. Nuevos esclavos, hambres viejas. (o que denunciaba Quilombagem). DEREITOS HUMANOS.
Arte e historia de Ucrania na area. MUNDO
VIDEO. Decrecer é anticapitalista. ECONOMÍAS E MODELOS DE DESENVOLVEMENTO ALTERNATIVOS
Los verdaderos piratas. MUNDO
Entrevista a Esther Vivas. SOBERANÍA ALIMENTARIA
19 de Noviembre, World Toilet Day. AGUA
Pensamiento crítico y conocimiento. FILOSOFÍA DA COOPERACIÓN

Destacado. Vídeo-curso. O Crash Course. FORMACIÓN EN ECONOMÍAS E MODELOS DE DESENVOLVEMENTO ALTERNATIVOS


Especial enerxías
http://www.biocarburante.com/
Blog que mostra comenta criticamente novas relacionadas coa utilización de materiais biolóxicos para obter enerxía e materiais. Tamén fala un pouco doutros temas.
http://indarki.blogia.com/
Aporta ideas moi interesantes sobre temas como mercado eléctrico, a xeración distribuida, soberanía eléctrica... Pensamento crítico.
http://www.energias-renovables.com/
É a web da industria das renovables. Sacan moitas novas que son notas de prensa de empresas, sempre un pouco flipadas, pero tamén falan de temas de actualidade e fan entrevistas interesantes.
http://antonuriarte.blogspot.com/
É o blog dun climatólogo un crítico do cambio climático. Ten un amor un pouco irracional pola térmica de carbón, pero aporta datos obxectivos sacados de webs de institucións oficiais: NASA e do estilo. Sempre esta ben coñecer as ideas dos dous bandos, na liña de pensamento crítico de ESF Galicia.


NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO (se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).

Anteproxecto de Ley del Fondo para la promoción del desarrollo (pretende sustituir a parte de lo que es el FAD)
Incidencia de los biocombustibles sobre el desarrollo humano. ISF ApD.
Guía para la colaboración entre empresas y organizaciones no lucrativas. Observatorio del Tercer Sector de Bizkaia.



E NO PRÓXIMO MES ...


12 de decembro: actividade da Rede Anticapitalista en Santiago co motivo do cumio de Copenhague e o problema da mudanza climática. Pedalada.

17 de decembro: cea de navidade da sé de Coruña.

Tamén está previsto: cea de navidade da sé de Compostela, e reunión de posta en marcha da sé de Lugo.

2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (agora hai outros tipos de escravos...).
10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos



A ESF-RASE DO MES

"Tantos anos chamando ao indíxena salvaxe, non lle convertiron nun".

Oso de Pé (Luther Standing Bear), un sioux Lakota.




1 comentario:

danisf dijo...

como molan esos mega-resúmenes!!!!
Iria desde la distancia, compilando isf-informasao....

Un bikazo para esa enxeñeira sin fronteras!!!!!!

Y como mola esa recopilacion cargada de enerxía by Antón!!!!!