23 may 2010

Conferencia: "Auga no Sáhara" na Coruña

O pasado 12 de maio, ademáis de ser o aniversario de Ríos, ESF tivo outra actividade: Unha charla sobre a auga no Sáhara, e que se organizou entre os grupos de sensi de Coruña e Compostela dacordo coa planificación que os primeiros tiña feita:

"ESF Galicia presenta hoxe a Conferencia titulada "Auga no Sahara" que será impartida por Xacobe Abel Fernández García (membro de ESF Galicia) e na que se falará sobre a situación e problemática da auga no Sahara Occidental, así como a súa experiencia como PCR neste territorio. Tamén se abordará a problemática situación social existente nos campamentos de refuxiados saharauis.

Hoxe mércores, 12 de maio de 2010 ás 19:30h na Sala de Grados 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canáis e Portos da Universidade da Coruña. (Campus de Elviña, s/n)

Colabora:
AECID

Organiza:
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia"


Por parte do grupo de Sensi-Compos fomos Xacobe e María (estaba previsto que viñese Helena tamén, pero un infortunio odontolóxico impediu a súa compañia nesta viaxe. Ó ver que non chegaba e eran horas de saír cara o noso destino, enviámoslle a seguinte mensaxe: "Helena, te queremos, pero marchamos".)
Tras barallar as posibilidade de facer a viaxe en tren con todos os bártulos, finalmente fomos no coche de Andrés Estévez, que tamén nos acompañou á Coruña facendo de chófer!
Inicialmente eu, María, seguiría a facer a viaxe de ida no tren coa idea de comer cos colegas da Coruña, pero un suceso inesperado fixo que os billetes de tren para esa horas se acabasen, polo que me quedei sen comida coruñesa moi ao meu pesar.

Chegadas as 6 da tarde e despois de deixar no local de Santiago unha pancarta dandolle as Felicidades a Ríos, os tres compostelanos puxémonos camiño da cidade Herculina, onde nos agardaban ansiosamente: Paula, Sandra, Roi, Laura e Puga. Sabela non, prefiriu pasar da nosa charla e unirse a nós só nas cañas... pero bueno, finalmente conseguiu o noso perdón.
Non é que asistise moita xente á charla, pero aqueles que o fixeron foron moi participativos e se lles via moi interesados.
Xacobe desenvolveuse á perfección explicando en primeiro lugar a situación saharauí, logo uns conceptos básicos e xa finalmente, introducindo o tema de auga que se vivía nos campamentos de refuxiados e a labor que alí se facía.

Dende o meu punto de vista deuse un bonito coloquio, con intercambios de información, coa xente que estaba presente e incluso tivemos tempo apra ver algún que outro vídeo (o discurso de Felipe González que podedes ver en Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=X6MBEJNNrm0 // http://www.youtube.com/watch?v=3oRhEUY_XKU&feature=related ) A verdade é que estaba previsto que a conferencia durase arredor dunha hora e acabamos saído ás 21h.
Despois do "traballo" e como non había preocupación de ter que coller un tren ó facer a viaxe con Andrés, levamos unhas cousiñas ó local coruñés e decidimos ir tomar unhas cañas, así que alá nos fomos: Fran Puga, Paula, Sandra, Roi, Andrés, Xacobe e eu. Bueno, esta vez tamén veu Sabela...je
O lugar escollido, unha "tasca" preto da vivenda de Puga. A verdade é que unha boa elección, cada un pediu o que quixo, boas tapas, a final entre At. de Madrid - Fulham, interesantes conversas con variedade de temas, excelente compañía e sobre todo, moitas risas!
Tras a "obrigada" foto de grupo (dentro da tasca preferimos non sacala para non darvos envidia ao resto), marchamos para as nosas respectivas casas sobre as 12 menos 10 da noite coa promesa de volver á Coruña en breves e poder levar a cabo a comida que neste día se frustrara. Se vivise na Coruña, houbese ido para a casa co pensamento de que ó día seguinte tería que estar fóra da cama moi cedo e esta entrada remataría aquí, pero non, son compostelana, así que despois da despedida, Andrés, Xacboe e eu montamos no coche do primeiro e ainda nos quedaban uns km para chegar á nosa cidade, onde daban comezo as Festas da Ascensión e o día seguinte era o 1º festivo dunha ponte de 5 días!
Case que o que pasou nese coche de camiño á casa, segue a "filosofía da furgoneta" e se queda nese coche polo momento, o que si podedes ter claro é que como en toda viaxe de volta doutra sede a Compostela, se deron diversas ideas e idas de olla que é posible que dean unha sorpresa e vexan a luz en breve...

Remata outra actividade de sinerxia "Compos - Coruña".

4 comentarios:

maría dijo...

faltame a foto no coche de Andrés, pero non a tiña neste ordenador...

Sabela dijo...

Qué entrada más completa :) parece un diario!!

Joo, María, yo quería ir a vuestra charla pero se me complicó...

maría dijo...

xa, xa, sabela...jejejejeje

é unha das miñas formas de escribir, non sei si gusta ou non, ainda que pa gustos colores así que cada un terá a súa opinión, pero para iso están os comentarios!para comentar!

Sabela dijo...

a mí me gusta :)