Con motivo da charla que se fará na ETSE dentro da campaña "Faltas ti", decidiuse facer uns disfraces co logo de ESF para que voluntarios os vestisen moi gustosamente e repartisen invitacións a dita charla chamando así a unha maior cantidade de persoas.
Oproceso de "fabricación" foi relativamente sinxelo.
Que se precisa?
telas
tesoiras
grapadora con grapas
pegamento
regra
rotulador ou lápis
bo ánimo, intención e paciencia
Poius comezamos!
mercar as telas: negra e laranxa.
dobranse á metade para aproveitar xa unha das unións entre as telas.
con elas do revés, debuxamos media circunferencia para logo meter a cabeza. Recortamos pola liña trazada previamente e temos o "cuello".
Logo rebaixamos os hombros e recordamos. Coa tea dobrada e os dous lados á vez para intentar que queden simétricos.
Logo coa grapadora con grapas "cosemos", todo coa tea do revés. E acordándonos de deixar libre de grapas o espazo por onde sairán as mans e que previamente marcamos.
dámoslle a volta e temos a 1º base dos disfraces!!
Logo medimos o resto a partir dese.
O seguinte paso é debuxar o logo na outra tea apra logo pegalo no patrón base. Para iso empregamos un logo xa existente en papel e amplíase para que quede no tamaño máis axeitado en relación á base do disfraz.
Recórtase esa impresión e fanse os patróns sobre a tea.
Recortamos a tea coa axuda dunhas tesoiras (comprobar que as tesoiras sexan boas e corten ben)
Para pegalo sobre a base poden sair múltiples ideas. Neste caso como a tea empregada era "espumillón" de carnaval, un adhesivo líquido sería inútil. A espuma absorbería dito adhesivo. Neste caso separamos a tea da espuma e quedándonos coa primeira empregamos pegamento de barra, o típico escolar.
O resultado vese bastante ben...comprobaremos o seu efecto mañá no seu estreno!!!
De momento quedaron encima do armario no local (que hoxe intentamos recoller para poñelo bonito para mañá!!)
Algunhas fotos para ilustrar o proceso...
E recordade, mañá...
A sede compostelán abrirá as súas portas para que a través de fotos e experiencias en primeira persoa, todo aquel que queira, poida conocer que fan as persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras nos distintos ámbitos de traballo que a ONG desenvolve en Santiago, educación, sensibilización e proxectos de cooperación internacional.
•Día: 3 de novembro
•Hora: 20:15 horas
•Lugar: Local de Alumnos
Escola Tecnica Superior de Enxeñeria (ETSE)
4 comentarios:
que artistas!!! quedou xenial!! e por encima xa temos un voluntario para disfrazarse!
o mellor é a modelo
jajaja, ahora ya tenemos acompañante para la gotita!!
son 4!!! teremos que convencer a María e Elena para que fagan outros 2 para ter para todas as sedes!! jeje
Publicar un comentario