24 ene 2011

DEBATE SOBRE A FOLGA XERAL EN GALICIA

Hai unha convocatoria de folga xeral en galicia para o 27 de xaneiro:

http://www.galizacig.com/avantar/novas/14-1-2011/a-cig-presenta-na-consellaria-de-traballo-a-convocatoria-de-folga-xeral-do-27-x

Estase a debatir sobre a postura de ESF Galicia ante ela, abaixo podedes ver algunhas opinións que foron saíndo. E vós, que opinades??

-------------------
PARTICIPANTE 1

Hai un crecente debate sobre que en que ámbitos da sociedade debe ESF ter opinión/discurso. Eu coido que habería que apoiar a folga, pero é a miña humilde opinión.

-------------------
PARTICIPANTE 2

Las huelgas son una medida de presión social de los trabajadores en la negociación de sus condiciones laborales. Que ESF la secunde no le veo demasiado sentido, ya que no tengo muy claro lo que significa secundar la huelga en el caso de una ONG. Si por secundar entendemos apoyar las reivindicaciones de los sindicatos, en ese caso yo no metería a ESF en ese circo, ya que son posicionamientos que no hemos discutido previamente y tampoco consigo ver el objetivo que perseguiríamos secundándola.

Creo que en nuestra comunicación hay siempre que tener presente una relación entre los mensajes propios que transmitimos a la sociedad y los que no son nuestros pero los apoyamos. En mi opinión la relación deberia ser al menos 80% / 20%. Porque no solo importa lo que decimos sino cómo lo decimos y cuantas veces lo hacemos. Si no, perderemos personalidad y credibilidad. Si elaboramos pocos discursos y pocos mensajes propios, es preferible que los ajenos sean más escasos aún.

-------------------
PARTICIPANTE 3

Eu son da mesma opinión que a persoa PARTICIPANTE 1: debiase de secundala folga. [...] referiame a apoiala cada un a secundara ou non no seu posto de traballo ...non son reivindicacións sindicais ..xogase un modelo de sociedade ..,unha que lle fai xogo ao gran capital bancario en decrimento dos servicios públicos e outra que defende dereitos adquiridos o longo da Historia ..As ONGs tamen tenhen traballadores ,os cales veranse afectados nun futuro polo recorte de prestacions sociais

--------------------
PARTICIPANTE 4

Ten razón a persoa Participante 2 en que hai que coidar a personalidade e a credibilidade á hora de apoiar causas. Pero no fondo desta cuestión concordo co que acaba de escribir a persoa Participante 3.
Pola miña parte apoio as persoas contratadas de ESF se queren secundar a folga.

Por outra parte as compañeiras do Foro Galego de Inmigración súmanse de maneira oficial: http://forogi.wordpress.com/2011/01/20/o-foro-galego-de-inmigracion-rexeita-a-reforma-das-pensions-e-sumase-a-folga-xeral-do-27x/
Non sei se o fai algunha ONGD máis.

--------------------
PARTICIPANTE 5

Eu concordo un pouco con todos, así que nada claro. Por principio, se ESF non ten unha postura definida sobre a reforma das pensións (que é o que se trata, non?) e se non se debate a tempo para sacar algo consensuado e pensado pois de forma oficial estou coa persoa Participante 2. Logo o de apoiala xa é cuestión de cadaquén, en principio na lista (de correo de ESF) non está vetado que alguén que crea que é positivo anime aos demais a ir, pero insisto, como traballadoras, non como voluntarios/socios de ESF.

--------------------
PARTICIPANTE 6

Eu estou dacordo co exposto coa persoa Participante 2, creo que non temos unha postura acerca disto e polo tanto sería algo apresurado posicionarse. Por outra parte, entendo que se o facemos sería a favor ou en contra da oportunidade da folga, pero iso non implica que o persoal contratado de ESF a faga. Como asociación por suposto que recoñecemos o dereito dos traballadores á folga, pero tamén a súa liberdade de exercelo ou non.

--------------------
PARTICIPANTE 7

Eu estou dacordo coas persoas Participantes 5 e 6.
Por outra banda coido que non damos abasto a ter posturas en todo, pero sí se pode debatir de todo e transmitir ese debate interno á sociedade (xa que ESF é unha "mostra da sociedade"), co que ademais se transmite un valor de ESF que é o propio pensamento crítico cristalizado nese debate.

Respecto á delegar posturas ou que o noso nome apareza apoiando esas posturas por estar en redes, xa ocorreu coa Coordinadora Estatal de ONGD na anterior folga xeral, a coordinadora a apoiou (e polo tanto "subsidiariamente" ou máis ben "por defecto" ESF Galicia tamén a apoiou, aínda que non activamente e con discurso propio), e tamén pode pasarnos na Federación trala aprobación da moción na cósmica de 2010.

------------------

CONTINÚA TÍ!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

en este enlace hay un documento que cuestiona los números que se están haciendo para retrasar la edad de jubilación. No puedo certificarlo como fuente fiable pero puede ser de interés

Por otro lado, la gente del Fedea mantiene un blog en donde comentan este tipo de cosas

Adrián dijo...

Como Asociación No Gubernamental posicionarse con respecto a la huelga del 27 es un compromiso que debería analizarse con más detenimiento. Todos sabemos la falta de liquidez que tiene la economía española y lo que está haciendo el Gobierno para recuperarla, no debería dejarnos silenciados.
Estoy de acuerdo con acciones como esta. Abrir este foro, donde poder comentar nuestras opiniones, es el mejor camino si queremos tomar alguna dirección.
- Opino que toda la sociedad debería estar unida, incluidas las ONGs ante estos atropellos. Todos juntos, pq en esta huelga están triunfando las divisiones y la sociedad no se merece un atraso tan grande.