28 mar 2011

SensiCom-Compos ataca de novo: stands e lentellas

Boas a todos!

Tras un breve período de ausencia física de actividades (non así de xestión interna, planificación e xustificación) o grupo de SensiCom - Compos volve de novo coas actividades planificadas para este curso.

Como todo bo regreso, e case unha tradicción no grupo, a reunión levouse a cabo durante unha comida, a cal tivo lugar no piso de Helena e Celia. Ó principio íamos comer no local, pero...quen pode resistirse a unhas lentellas caseras??



Logo algo se dixo (a pesar de estar moi ricas as lentellas) de que a sopa lles saía moi ben, ou algo así... Pero sigo, ainda que xa cos pratos cheos, non faltaba lapis e papel para ir tomando diversas notas saídas da nosa mente.



Tra-la comida diriximonos á mesa de reunións/traballo para degustar o postre que Carmiña e María trouxeran, pero xa con todo o material necesario para traballar productivamente.







Iso sí, sempre cun bo café de COMERCIO XUSTO para facer a dixestión, non durmirnos e pensar con claridade! Ademáis como mostra (e tamén como guiño á nosa compi Ali) as seguintes frases:

Si queres mellorar a túa comprensión, bebe café, é a bebida da intelixencia.[Sydney Smith.-escritor inglés]

O café vólvenos máis rigurosos, serios e filosóficos.[Jonathan Swift.-dramaturgo e director de teatro inglés]





Entrando xa en materia, o tema central desta reunión era preparar os STANDS que o grupo está levando a cabo dende hai 2 anos por todo o campus.
Preparamos a lista de material que necesitamos, a loxística, repartimos tarefas e concretamos os días que se levarán a cabo:
XORNALISMO: 7 Abril
HISTORIA: 12 Abril
MATEMÁTICAS: 14 Abril
CONDESA: 27 Abril
ETSE: 25 Abril

Nalgún deles levaranse a cabo charlas, xa iremos comentando a semana que vén cada un deles máis concretamente.

Para rematar, decir que non sei si foi por certo ingrediente de cor branco espolvoreado polas lentellas ou o simple feito de que cando se reunen as "chicas- sensi" sucede algo extraño no universo, pero o ambiente foi moi bo, con moitas risas e ánimo renovado, preparadas para afrontar as actividades e por suposto sen olvidarnos de ningún dos nosos brazos na distancia: Alba, Ali e Chelo (que tamén teñen deberes!)

5 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

que grandes sodes as peques da sede!!!! sempre dando leccións... os meus parabens!!! e acordádevos de que o resto estamos aí ;-)

Carmiña dijo...

Jajajajaja boísima María!! Encántame!! En canto ao ingrediente oculto... eu penso que si llo botaron... os efectos secundarios foron máis que evidentes!! :-)

Sergio dijo...

Será o café TpDH, entón? jajajaja
Ánimo na vosa volta a luz "pública"! E moi boa a lembranza de que tamén hai un traballo oculto sen o cal non poderiades facer as cousas tan ben como as facedes!

Anónimo dijo...

jajajaja Sergio y sus TpDHs..

Jo, chicas, este es el tipo de entradas que me hacen echar de menos Santiago =S Os seguiré en la distancia... Espero tener listo pronto una sorpresita para antes de que empiecen los stands.. jeje

maría dijo...

jajajajajaja
O de Sergio xa non ten cura, é algo que leva dentro!!