Boas!!
O pasado 28 de febreiro o grupo de ESF-Ferrol levamos a cabo unha charla sobre Cooperación e Voluntariado no IES Saturnino Montojo tamén de Ferrol a alumnos/as de 2º de Bacharelato. Nela se incentivou aos rapaces/as a reflexionar sobre o que é unha ONG e en que ámbitos actúan, así como a importancia que ten o voluntariado neste tipo de organizacións e as funcións que poden desempeñar en cada unha dependendo da súa filosofía e ámbitos de traballo.
Dito isto onde se fixemos fronte a numerosos esteriotipos como os que relacionan as ONGD soamente á axuda humanitaria e que a metodoloxía de traballo é asistencial. Tamén se fixeron moitas alusións, sobre todo por parte do profesorado, a pouca transparencia económica que para eles/as caracterizan as organizacións sen ánimo de lucro e que a maiorías das súas campañas para o público en xeral eran de captación de socios/as ou fondos. Sobre este último punto chegamos a conclusión que en moitas ocasións as actividades de sensibilización das ONGD chega a un grupo reducido de persoas e é por iso polo non se adoita asociar como un ámbito de traballo. Outro contrapunto que volve excesivamente simplista a súa imaxe son os medios de comunicación, en particular a televisión que da unha imaxen distorsionada da Cooperación e onde é frecuente que relacione ONGD soamente con catrástrofes ambientais ou conflitos bélicos e situacións de perigosidade para os/as cooperantes (neste ocasións contradícese a imaxe do/a expatriado/a que é considerado casi un heroe/ina coa falta de rendición de contas das organizacións para as que traballan), así como a denuncia das violacións contra os dereitos humanos ou como é no caso de xornais como ABC ou La Razón onde ven como totalmente ineficaz a Cooperación ao Desenvolvemento sen argumentar as razóns (supoño porque non se molestaron en procuralas nin analizalas).
Volvendo aos contidos da charlas para que reflexionaran entre as diferenzas entre Norte-Sur e os seus por ques mostreilles o vídeo "El Origen de las Migraciones Modernas"
Moitos/as deles/as ficaron abraiados/as e xurdiu un debate que nos levou a cavilar sobre a importancia de tracar os nosos hábitos de consumo, o do asocionismo e do voluntariado como fórmulas de presión política e de facer visible unha realidade que para o grande público é descoñecida.
Por último e través das fotos obtidas do proxecto de Nicaragua de ESF explicámoslles en que consiste un proxecto de desenvolvemento, que é imprescindible a participación das comunidades "beneficiarias" en todas as partes do ciclo do proxecto, que actividades se levaron a cabo, etc e que sobre todo que o que se pretende é empoderar as familias para que loiten polos seus dereitos.
En conclusión e a pesar de que a linguaxe empregada é moi específica, abundante e que é casi intelixible os resultados foros bos, aínda que pensamos que para a vindeira ocasión sería mellor empregar un powerpoint máis impactante visualmente para evitar o tan temido aburrimento dos/as escoitantes.
Perdoade que non haxa fotos do acto pero debido a que os/as destinatarios/as na súa maioría son menores de idade é preciso un permiso parterno/materno para que se poidan publicar.
Bicos!
5 comentarios:
Qué bo! Había moita xente??
Parabéns!!! Realmente hai moitos prexuízos "aí fóra". Quizais haxa que incidir moito máis no que é a cooperación ao desenvolvemento en si antes de sensibilizar coa proposta concreta de ESF.
Felicidades Ferrol, paréceme moi boa iniciativa traballar nos institutos, non so na universidade.
que interesante.. a entrada chega a pouco!!! estaría ben dispoñer da presentación e das conclusións. Moi boa iniciativa!!!
Pois habería en total unhas 30 persoas aproximadamente.
En relación as conclusión penso que aínda que na miña opinión aprobamos a proba hai diferentes aspectos que hai que mellorar ou trocar. A primeira é a presentación que debería de ser moito más atractiva: máis imaxes onde se pode aproveitar fotos do proxecto e do país, palabras enormes e impactantes, música relacionada e movida, etc. Temos que pensar que é fundamentalísimo que nos acheguemos aos/ás escoitantes a súa forma de ser e de sentir, de pensar e partir dos seus coñecementos. A empatía que queremos que sintan cara as desigualdades sociais e que se conciencien sobre o inxustas que son as cousas e a aletoriedade da pobreza (xusto o contrario que vende o noso modelo imperante o Neoliberalismo que di que calquera persoa poder chegar a ser rica mediante o traballo e que se alguén é pobre é porque non quere traballar ou non é suficientemente intelixente).
Por outra banda o exceso de temas tocados durante unha poñenza tamén é un erro porque convida ao atoramento e por conseguinte ao aburrimento. Temos que pensar que son concepto moi específicos e barrocos (un termo é unha frase!) e que a xente non ten ni idea.
Penso que hai crear materiais segundo os grupos de destinatarios/as, ciclo de primaria (varios diferentes), ESO (grupo máis receptivo a estes temas aínda que ignoro o por que), bacharelato, FP (medio e superior) e profesorado.
É importantísimo achegarse a xente porque para moitos/as imos ser, por desgraza, as únicas persoas que lle van a transmitir un discursos antogónico aos dos medios de comunicación e que os imos convidar á reflexión neste mundo tan tolo onde as présas e a ansia de gañar cartos faise dona de cara minuto provocando imnumerables secuelas psicolóxicas e físicas. Temos que pensar que o modelo neoliberal o que nos da ás para comprobar a enorme fenda que separa as nosas expectativas dos nosos logros afástanos da felicidade e nos envolve en amargura. O noso modelo non é o mellor porque nos fai perder o tempo en cousas inmundas e superficiais méntres o que realmente importa cada día ten unha relación máis fráxil e incomunicativa con nós. E iso é a base de todo o que temos que transmitir.
Publicar un comentario