Moi boas desde Vigo. Facemos esta entradiña para comentar como nos foi coa campaña Apaga O Candil (en adiante AoC). Disculpas polo retraso.
O obxectivo da campaña foi crear unhas pegatinas para pegar en edificios de uso público (escolas, facultades, oficinas...) perseguindo un dobre obxectivo: por unha banda concienciar de que se debe facer un uso eficiente da enerxía, e por outra banda mostrar a desigualdade no canto ao acceso á enerxía que hai entre os países ricos e os empobrecidos. As pegatinas colocaríanse ao lado das chaves de luz en baños, aulas etc. para recordar á xente de apaga-la luz ao sair.
A estructura das pegatinas estaría formada polo logo da actividade (un logo que concienciara no aforro enerxético) e unha serie de citas acerca das desigualdades entre Norte e Sur no tocante ao acceso de enerxía.
O primeiro paso a realizar foi facer o deseño dese logo. Baralláronse moitas opcións, pero ao final decantámonos polo seguinte.
Despois de te-lo logo, o seguinte paso foi escoller as citas que aparecerían nas pegatinas, queríamos poñer citas que reflectiran dunha maneira moi visual as diferencias entre o acceso á enerxía no Norte e no Sur. Despois de moito traballar escolléronse oito:
- Unha galega consume a mesma cantidade de petróleo nun día que unha bangladeshí en dous meses.
- Coa electricidade que se consume xogando coa PlayStation3 nun televisor LCD de 32'' pódes iluminar unha aula de escola infantil de 40 m2.
- Unha galega consume a mesma cantidade de electricidade nun día que unha angolana en 47.
- A electricidade que se consume por español en 8 meses é máis da que consume unha muller de Zimbabwe nos seus 34 anos de vida media.
- O consumo medio de electricidade dun galego nun día equivale ao dun ruandés en 7 meses.
- A cantidade de enerxía eléctrica que se perde dende que se produce ata que a consumimos nas nosas casas en España é case 4 veces maior que toda a electricidade que se produce en Guatemala.
- Coa enerxía que aforras apagando o teu PC durante 2horas e media poderíanse moer 5 kg de trigo, o 6% do consumo per capita anual deste cereal nos países empobrecidos.
- Só o 5% da poboación mozambicana ten acceso á electricidade nos seus fogares. En Galicia o acceso á electricidade é practicamente universal.
Xa con isto procedemos ao deseño das pegatinas. Decidiuse escoller un tamaño relativamente grande, para que se vira ben, e unha cor forte para que chamara a atención. A cor que se escolleu foi a laranxa, cor que representa a ESF, e que consideramos óptima para as pegatinas.
O resultado final foi o seguinte:
As pegatinas finais son de 12.5 x 21 cm, algo menores a unha cuartilla, e a cor de fondo laranxa. Estos carteis logo foron plastificados, e colocados en aulas, baños, bibliotecas, das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Aquí podemos ver uns exemplos:
Pegatina colocada no laboratorio LA5 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións
Detalle da pegatina colocada no laboratorio LA4 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións
Detalle da pegatina colocada nun dos aseos da Escola de Enxeñaría Industrial.
Detalle da pegatina colocada no laboratorio LA5 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións
A maiores disto, na Escola de Enxeñaría Industrial tamén se enviaron uns deseños “dixitais” para que a escola os puxera nas pantallas e na web. Este é o enlace da escola de Industriais onde podedes ver o resultado ( http://etsei.uvigo.es/ )
O deseño para as pantallas é o seguinte:
Para rematar, temos pensado continuar coa campaña noutras escolas do campus, polo de agora xa se fixo contacto con algunhas para que vaian poñendo nas súas pantallas e webs oficiais os banners, xa vos iremos comentando como evoluciona esto.
Vémonos o sábado en Compos!!
1 comentario:
teño que apsarvos as fotos do uso que lles demos durante a expo e os stands!!!
tiveron éxito!!!!
Publicar un comentario