El pasado viernes, 21 de octubre: Belén y Chelo, voluntarias de la sede de Compos, asistimos a la Asamblea General Extraordinaria de la Coordinadora Galega de ONGDs, de la que ESF Galicia es miembra. Éramos las dos novatas en estas asambleas y la verdad es que nos gustó mucho el ambientillo que se respiraba allí. Creemos que la única forma de que la Coordinadora se sienta como una parte de ESF en la que deberíamos invertir más recursos humanos de lo que hacemos hasta el momento es ir alguna vez a alguna reunión y participar en alguna actividad... Nos parece un buen lugar para crear red con otras ONGD y el mejor sin duda para conseguir mayor impacto en temas de incidencia política y similares. ¿Quieres saber más? Pues sigue leyendo nuestras notas y busca a la aparición estelar como suplente en el Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvement (CONGACODE)! ;)
1. Saúdos a todos os asistentes:
A presidenta (Gema Filgueira de Médicos do Mundo), vicepresidenta (MªPaz de Solidariedade Internacional de Galicia) e tesoureira (Laura del Río de Farmamundi) presiden a reunión e fan un resumo dacampaña de queixas ante o valedor do pobo polos recortes da Xunta en Cooperación. A campaña de envío de queixas tivo moito éxito e as accións de calle tamén o están tendo. O impacto mediático foi moi grande e reuníronse xa 200 firmas, pensa que se pode chegar ata 500.
2. Ratificación da actual Xunta Directiva da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD):
Por motivos personais houbo xente da XD que quiso/tivo que deixalo, o secretario Jose Luis Quintela de Intermón Oxfam e un vogal Ángel Bañobre de Fundación Cume. A proposta de nova XD foi aprobada con 13 votos a favor e 1 abstención (escribo entre corchetes os cambios):
Presidenta (Gema Filgueira de Médicos do Mundo)
Vicepresidenta (MªPaz de Solidariedade Internacional de Galicia)
Tesoureira (Laura del Río de Farmamundi)
Secretaría (Judith Jeannette Sing de Agareso) [antes Judith era vogal e estaba en Amigos da Terra]
Vogal (Francisco Raigón de Asamblea de Cooperación pola Paz)
Vogal (José Manuel Pérez de Solidariedade Galega) [antes estaba en Axuda en Acción]
Vogal (Carmen Alborés de Manos Unidas) [antes estaba Ángel Bañobre de Fundación Cume]
Vogal (Emanuele Lini de Arquitectos sen Fronteiras) [ocupa o lugar de Judith, que pasou a ser secretaria tras a marcha de José Luis Quintela]
A actual XD, salvo novos imprevistos, permanecerá así ata abril de 2014 (foi renovada en abril de 2011)
3. Renovación das persoas representantes da Coordinadora e das ONGD integradas no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvement (CONGACODE):
O CONGACODE é un dos tres órganos de Coordinación que prevé a lexislación galega para coordinar e asesorar a acción da Xunta de Galicia en materia de Cooperación ao desenvolvemento. Foi constituido en abril de 2005 e as súas funcións son: informar os plans anuais e o plan director da Cooperación Galega, recibir información e emitir opinión sobre as convocatorias públicas de axuda, emitir opinión sobre os diferentes proxectos de normas en materia de cooperación internacional. Neste Consello hai 5 vogais das ONGD galegas e permítense ata 5 suplentes.
Segundo a normativa de elección da Coordinadora para os membros deste consello, aprobada en asemblea en xullo de 2011, a XD da Coordinadora proporá a 2 persoas que forman parte da mesma, das cales ao menos unha será muller. As outras 3 persoas serán elexidas en Asemblea. Non houbo candidaturas por parte das ONGD polo que o resto da XD presentouse candidata (total 6 persoas). Na Asemblea había que votar a 3 persoas das 6 candidatas e saírían as dúas mulleres máis votadas e unha terceira persoa; as outras 3 quedarían suplentes. TOTAL: 2+3 (+3 SUPLENTES). Pediuse por tanto a 2 persoas que xenerosamente cubrisen o posto de 4º e 5º suplente. Belén de ESF e outra persoa máis ofrecéronse.
Por tanto as 5 vogalias de ONGD no CONGACODE son ata renovación de XD da Coordinadora as seguintes:
Gema Filgueira Garrido de Médicos do Mundo, Judith Jeannette Sing de Agareso (2)
Laura del Río de Farmamundi, MªPaz Gutiérrez de Solidariedade Internacional de Galicia, Emanuele Lini de Arquitectos sen Fronteiras (3)
Francisco Raigón de Asamblea de Cooperación pola Paz, Carmen Alborés de Manos Unidas, José Manuel Pérez Otero de Solidariedade Galega, Belén Liñares de ESF + 1 (5)
4. Información sobre as vías legais tras as desestimacións dos recursos de reposición presentado pola CGONGD á Xunta de Galicia pola reducción do 45% da convocatoria de Proxectos no Exterior e a eliminación da convocatoria de Axuda Humanitaria:
A CGONGD presentou un recurso e tamén outras 16 ONGD (das que se teña constancia).e a Xunta de Galicia desestimounos. O procedemento legal seguinte sería levar a cabo un recurso contencioso administrativo e poderíase chegar incluso ao Tribunal Supremo. A XD da Coordinadora pediu consello a expertos no tema (Carlos Teijo e Alba Nogueira) e contáronlles a sua visión. Os asistentes á Asemblea debatimos sobre a decisión a tomar.
Hai algúns antecedentes de éxito en temas de subvencións (non de cooperación) "o caso Canarias" polo que poder, poderíase intentar aínda que o resultado, aínda que gañásemos, sería un tanto incerto. Esta vía legal levaría moitos anos e costaría miles de euros, recursos que a coordinadora non ten. Máis do 80% dos ingresos da Coordinadora proceden da Xunta, mesmo órgano ao que se quere demandar pero todos estamos de acordo en que non por iso debemos quedarnos calados e tampouco por medo a posibles represalias.
Quizáis o contencioso administrativo quédesenos grande pero eso non quita que podamos manter unha ACTITUDE de crítica constructiva e activismo doutras maneiras, por exemplo, coa PARTICIPACIÓN ACTIVA DE TODAS AS ONGD DA COORDINADORA NAS ACTIVIDADES. Para temas de INCIDENCIA POLÍTICA poderíamos ter moita forza. Na coordinadora hai 48 asociacións, que ao mellor representan en torno a 100,000 galegas e galegos. Ese é o noso potencial, temos que buscar as ferramentas adecuadas aos nosos medios e ás nosas formas de traballar e poder transformar todo ese potencial en verdadeira forza.
O sentir xeral da Asemblea foi que manteremos unha ACTITUDE ACTIVA, non nos farán calar pero utilizaremos outros métodos máis axeitados a nós. O contencioso non é a única opción. Decidiuse facer unha votación sobre este tema e o resultado foi: 12 en contra de presentar o contencioso administrativo e 6 abstencións.
5. Prazo ata o martes día 25 ás 14h para enviar á Secretaría técnica da Coordinadora as alegacións aos borradores de convocatorias de Fortalecemento e EpD. Estas alegacións poderanse presentar tamén a través das comisións da coordinadora. Na Asemblea animouse a todos a ler as convocatorias xa que hai bastantes cambios. Tamén informouse de que o borrador da convocatoria de proxectos no exterior sairá pronto. Este ano implementarán a maiores unha aplicación para enviar as formulacións telemáticamente e por iso están tardando un pouco máis.