17 ene 2012

Indignámonos? Están a manipular o voluntariado?

PARTICIPANTE 1

Tardei moito en escribir a crítica que tiña pendente ao Congreso Estatal de Voluntariado, pero é que escoitei pola radio esta noticia e xa se me remexeu todo por dentro:

"El alcalde de Manzanares propone el trabajo voluntario para sostener los servicios sociales"

Así que por aí enfoco a crítica a unha clausura dun congreso insulso e sen visión de futuro para prever este tipo de "confusións"? do que é e non ten que ser voluntariado. Por iso ao final vos pregunto: a cantas persoas máis lles gustaría que o alcalde renunciase ao seu cargo e o levase a cabo de xeito voluntario como compromiso adquirido coa súa municipalidade? :)


PODÉDES LER A CRÍTICA NUNHA ENTRADA ANTERIOR NO BLOGUE: "Autocensura e a erótica do aplauso"

Teño en mente escribir outro sobre as dúas conferencias ás que asistín das que saquei varias cousas positivas. Pero hoxe o corpo pedíame isto :)

--------------------------------------------
PARTICIPANTE 2


Yo aún estoy flipando... qué vergüenza, qué vergüenza... Gracias por contarlo PARTICIPANTE 1, así se empiezan a sacar los colores...  Al próximo Congreso, vamos en masa, y nos hacemos oír...  ;)


------------------------------------------
PARTICIPANTE 3

Habría que analizar la nueva ley de voluntariado de Galicia. Qué es lo qué pretende?? hay voces muy críticas que advierten que su fin es justificar la sustitución de profesionales por voluntarios/as. De hecho yo conozco varios ejemplos de ello como el servicio de asistencia telefónica de emergencia 24 horas para enfermos/as que viven solos/as, que actualmente tiene en muchos ayuntamientos la concesión la Cruz Roja y cuyo funcionamiento lo llevan a cabo al 100% voluntarios/as, aunque luego digan en sus cuñas de radio que son profesionales cualificados. Esa gente va a realizar bien ese trabajo?? tienes los conocimientos pertinentes?? nos olvidemos que es asistencia directa.

Alguien puede dedicarle 5 horas o más al día al voluntariado?? es ético??  está impidiendo la contratación de un profesional??. Incluso empresas con ánimo de lucro de servicios sociales están llevando a cabo programas de voluntariado jugando con la ilusión de la gente, es decir, los/as voluntarios/as piensan que de ese modo tienen más probabilidades de contratación. Y esta idea a la empresa le viene de puta madre porque así tiene cada vez más voluntarios/as y menos personal contratado, con el consiguiente ahorro económico y el empeoramiento de la asistencia, pero esto es algo en lo que hay que indagar y no se aprecia a simple vista.

Estoy indignadísima con este tema!
--------------------------------------------
PARTICIPANTE 4


Completamente dacordo. A pregunta é se nos interesa levantar o dedo acusador.

Explícome, eu son o principal indignado con trato do voluntariado como "man de obra barata". É máis, a nosa propia praxe na xestión do voluntariado (Acollida, traballo en grupo, formación, responsabilidade, autonomía das persoas voluntarias...) é unha crítica explícita ante outros tipos de voluntariado. Alomenos, sempre o entendín así.

Pola miña moza, coñecín dous casos de tipos de voluntariado sangrantes. O primeiro cando a acompañei á oficina de voluntariado do concello. Alí ofertaban un voluntariado utilitarista aínda que, en moitos casos, respetable. Había casos nos que dubidábamos se ese traballo debería facelo ou non unha persoa contratada (ex. dinamizar reunións con persoas con síndrome de Down...) e noutras claramente sangrantes (axudar na "organización" da Volvo Oceans Race...) no cal non só usan voluntariado utilitarista senón que eliminan postos de traballo nun evento deportivo sen motivacións realmente sociais.

A segunda é a dunha amiga, tamén de Vigo, que é "voluntaria" de Cruz Vermella. Esta rapaza saca uns cartiños no verán facendo de socorrista. A cuestión é que esa función é un posto de traballo, e como son moitas horas, deciden pagarlle, iso si, unha miseria. Sen seguridade social, sen paro ou demais cuestións, estas persoas están cumplindo unha xornada laboral completa por uns 300 euros, nin sequera chegan ao mínimo interprofesional. En definitiva, como son voluntariado, teñen dereitos de persoas voluntarias e obrigas de traballadores. Cando preguntas o motivo de que cobren tan pouco, o argumento é sangrantemente obvio; "es que al ser voluntaria..." O peor non é que fagan de socorristas, o malo realmente é que esa miseria de cartos que cobran saen dun convenio co concello... ou sexa, o concello de vigo paga á Cruz Vermella para que poña ao seu voluntariado en lugar de contratar a profesionais (persoas que teñan como profesión) do socorrismo.

Perdón polo parrafazo pero xa acabo. A pregunta é, seguimos cunha estratexia de entender o voluntariado de forma diferente (outras asociacións, cansos de non transmitilo, cambiaron o nome por militancia) ou, por outra banda, levantaremos o dedo acusador, contra estas outras organizacións, investigamos para ter todos os datos, e denunciamos casos de movementos, en moitos casos, afíns, como é cruz vermella ou a oficina de voluntariado do concello de Vigo.

---------------------------
PARTICIPANTE 5


Desde el desconocimiento y tan solo con la información aquí leída me parece que hay que levantar la mano y pedir la palabra en este mamoneo. Creo que en la siguiente reunión de este tipo deberíamos hacernos oir. No se hasta que punto sería conveniente señalar con el dedo, confío en que la gente tenga ese mínimo de inteligencia para darse por aludida.
---------------------------

PARTICIPANTE 6

Na Plataforma son conscientes da nosa crítica (que sempre trata de ser construtiva) porque llela transmitimos. Non sei até que punto eles fan incidencia en cambiar esta percepción do voluntariado que se está a dar (ou teñen as mans atadas pola cantidade de entidades que están ahí). Son malos tempos para todo o que signifique altruismo, reflexión e tratar de facer as cousas pensadas e con calidade (a partir de crítica constructiva).

De calqueira xeito, no eido do voluntariado eu teño un posicionamento máis ben liberal acerca do que cada quen quere aportar de xeito voluntario (por suposto, entendendo voluntariado non como "traballo gratuito" senon como desexo dunha persoa de facer algo porque lle apetece sen esperar nada a cambio). Como digo sempre, casi calquera cousa que unha persona voluntaria pode facer, hai persoas que poderían cobrar un salario facéndoas (desde pegar cartaces a atender unha tenda de comercio xusto ou formular proxectos internacionais de cooperación, ou coidado persoas maiores, ou organizar un curso o unhas xornadas). A clave é facer as cousas con responsabilidade e con formación suficiente. Eu por moi boa vontade que teña non estou capacitado para facer rehabilitación dunha persoa maior que sufrira unha caída, pero si hai alguén que ten esa formación e lle apetece facelo no seu tempo libre, non vexo. As persoas contratadas ou liberadas deben aportar algo que non poidan aportar o resto (que teñen limitacións en xeral de tipo temporal ou pode que formativo).

A promoción deste voluntariado do que se falabades transformador e finalista, crítico e responsable (e o feito de que voluntariado e altruismo non ten nada que ver con informalismo ou non-responsabilidade) debe ser unha bandeira en ESF. É á acción exemplarizante a que debe servir para expandir ese xeito de facer voluntariado (un exemplo é que pensaran en nós para participar na TVG), e non tanto a denuncia directa aos "outros xeitos de facer voluntariado". Ao final é a EpD no voluntariado (sí, tamén iso existe) a que debería ser a estratexia clave en ESF (e ao igual que nos outros eidos, deixar a "incidencia" só para cando non hai máis remedio e fai falla unha acción rápida e contundente, coma nestes casos que comentou PARTICIPANTE 1 de clara manipulación e de ver como se trata de usar o voluntariado, que debería estar ao servizo dunha sociedade máis xusta e solidaria, para xustificar e prolongar o malo da sociedade na que estamos)

1 comentario:

alicia dijo...

pois a cousa non fai máis que empeorar:

"Botella propone cubrir servicios públicos con voluntarios" La alcaldesa asegura que ante la crisis los ciudadanos deben hacer algo por la sociedad"


http://www.publico.es/espana/418898/botella-propone-cubrir-servicios-publicos-con-voluntarios